Saltar ao contido

Hilda Lyon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHilda Lyon

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento31 de maio de 1896 Editar o valor en Wikidata
Market Weighton, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte2 de decembro de 1946 Editar o valor en Wikidata (50 anos)
EducaciónInstituto de Tecnoloxía de Massachusetts
Newnham College (en) Traducir
Beverley High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónEnxeñeiro de aviación, matemática, enxeñeira Editar o valor en Wikidata
Membro de

Descrito pola fonteOxford Dictionary of National Biography (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Hilda Lyon, nada o 31 de maio de 1896 en Market Weighton, Yorkshire[1] e finada o 2 de decembro de 1946, foi unha enxeñeira británica que inventou a "Lyon Shape", un deseño utilizado para aeronaves e submarinos.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Lyon era a filla máis nova de Thomas e Margaret Green, o seu pai era tendeiro.[2][3][4] asistiu á Beverley High School e en 1915 ingresou no Newnham College de Cambridge, onde obtivo un máster en matemáticas.[1][5]

Carreira en aviación

[editar | editar a fonte]

Despois de graduarse, Lyon seguiu un curso do Ministerio do Aire sobre análise de tensións en avións e logo obtivo un emprego como asistente técnica.[5] Non viu ningunha perspectiva de promoción ou de maior responsabilidade "para unha muller matemática" neste traballo, así que ela e a súa irmá deixaron os seus empregos e fóronse a Suíza durante seis semanas.[6]

En 1918, Lyon traballou como asistente técnico de avións para Siddeley-Deasy. En 1920 trasladouse a George Parnall & Co.[5]

O R101 en Cardington.

Cara a 1922, Lyon foi admitida como membro asociado da Royal Aeronautical Society. [7] A partir de 1925, formou parte do persoal técnico da Royal Airship Works de Cardington, axudando a desenvolver o dirixible ríxido R101 grazas aos seus traballos sobre aerodinámica.[5]

En 1930, Lyon recibiu o premio R38 Memorial Prize da Royal Aeronautical Society polo seu traballo " The Strength of Transverse Frames of Rigid Airships".[8] Era a primeira vez que un premio da sociedade era gañado por unha muller.[7]

O traballo de Lyon implicaba viaxar a América, Canadá e Alemaña. En 1930 viaxa aos Estados Unidos cunha bolsa Mary Ewart Travelling Scholarship e emprende estudos no Massachusetts Institute of Technology, onde se lle permite utilizar por primeira vez un túnel de vento.[6] En 1932, presentou unha tese sobre "O efecto da turbulencia no arrastre dos modelos de dirigibles" para obter a súa mestría. Despois de presentar a súa tese, Lyon trasladouse a Göttingen (Alemaña) e realizou investigacións na Kaiser Wilhelm Gesellschaft für Strömungsforschung con Ludwig Prandtl. [6]

Tras o seu regreso a Gran Bretaña, Lyon pasou un tempo na súa casa como coidadora, mantendo ao mesmo tempo a súa investigación utilizando as bibliotecas da Universidade de Hull e da Universidade de Leeds e visitando o National Physical Laboratory e o Royal Aircraft Establishment.[6] Durante este tempo, traballou no flutter aeroelástico e nas pas elásticas.[9]

O lanzamento de USS Albacore  en 1955

A partir de 1937, Lyon volve dedicarse á investigación aerodinámica a tempo completo como oficial científico principal no Royal Aircraft Establishment de Farnborough. Primeiro traballou nos túneles de vento sobre a succión da capa límite, e logo incorporouse á Sección de Estabilidade.[10] Máis tarde converteuse en xefa desta sección, e tamén formou parte do Consello de Investigación Aeronáutica.

Despois da súa morte, as súas investigacións e a "Lyon Shape" que ideou incorporáronse ao submarino estadounidense USS Albacore, prototipo para case todos os submarinos estadounidenses posteriores.[1][11]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Women in Aviation, the female inventor of the ‘Lyon Shape’". WISE (en inglés). Archived from the original on 25 de agosto de 2017. Consultado o 2017-06-15. 
  2. "Deaths". The Times. 4 decembro 1946. 
  3. Oxford Dictionary of National Biography (Online ed.). ISBN 9780198614128. OCLC 56568095. 
  4. Baker, Nina (2020). Adventures in Aeronautical Design - The Life of Hilda M. Lyon. ISBN 9798650270584. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 "New members" III. xuño 1930: 33. Archived from the original on 10 de maio de 2019. Consultado o 21 xuño 2019. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Lyon, Hilda (1944). "Adventures in Aeronautical Design and Research" V: 291–295. Arquivado dende o orixinal o 09 de decembro de 2019. Consultado o 21 de xuño de 2019. 
  7. 7,0 7,1 "R 38 Memorial Prize". Official Appointments and Notices. The Times. 27 de febreiro de 1930. p. 11. 
  8. Lyon, Hilda M (xuño de 1930). "The Strength of Transverse Frames of Rigid Airships". Aeronautical Journal 34 (234): 497–556. doi:10.1017/S0368393100114488 – vía Cambridge Core. 
  9. "The-woman-engineer-journal" VI. 1946: 122. Arquivado dende o orixinal o 09 de decembro de 2019. Consultado o 21 de xuño de 2019. 
  10. Bradfield, J. B. (1946). "Hilda Lyon". The Woman Engineer VI (8): 122. Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2019. Consultado o 21 de xuño de 2019 – vía IET. 
  11. Cold War Submarines: The Design and Construction of U.S. and Soviet Submarines (en inglés). 2004. ISBN 9781597973199.