Saltar ao contido

Hilda Guerrero de Molina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHilda Guerrero de Molina
Biografía
Morte12 de xaneiro de 1967 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeArxentina Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista Editar o valor en Wikidata

Hilda Natalia Guerrero de Molina, finada o 12 de xaneiro de 1967 en Bella Vista, Tucumán, foi unha militante arxentina do sindicato de traballadores da industria do azucre FOTIA (CGT), asasinada durante as manifestacións contrarias ao peche dos azucreiros disposto pola ditadura militar dirixida polo xeneral Juan Carlos Onganía.

Circunstancias e impacto da súa morte

[editar | editar a fonte]

En 1962 comezou unha crise azucreira no noroeste arxentino (NOA) que produciu o endebedamento xeneralizado dos pequenos azucreiros. En Tucumán había por entón 18.602 explotacións de cana de azucre en 17.341 minifundios, 20 mil cañeros e 80 mil zafreros. En 1965 comezaron os conflitos e folgas. Atilio Santillán, o secretario xeral do sindicato de traballadores do azucre (FOTIA), con 40.000 membros e 82 gremios, chamou a ocupar os enxeños.

Unha das primeiras medidas do goberno militar que tomou o poder en 1966 co xeneral Juan Carlos Onganía foi intervir varios enxeños tucumanos e pechar outros cinco. Produciuse entón un desemprego masivo na rexión e o éxodo da poboación rural dedicada á produción de cana de azucre Contraledesma, CTA[Ligazón morta].

A FOTIA organizou entón un Plan de Loita Azucreira Nacional, que contemplaba a organización de potas populares e concentracións nas cidades do interior da provincia. Hilda Guerrero, nai de catro fillos, era unha das mulleres que organizaban as potas populares en Bella Vista (Tucumán).

O 12 de xaneiro de 1967 a FOTIA convocou a concentrarse en Bella Vista (Tucumán), no enxeño de Santa Lucía pechado ese ano, aos traballadores dos enxeños de San Pablo, San José, Amalia, e Santa Lucía.

Poco antes de las 17, hora en que debía iniciarse el mitín, la policía detuvo a varias personas como gesto intimatorio. Minutos después comenzó una violenta refriega. Intervino la Guardia de Infantería y los activistas del sindicato del ingenio San José lanzaron bombas incendiarias contra ellos. La policía disparó, entonces, contra la multitud integrada en su mayoría por mujeres y niños. En el desbande quedó el cuerpo muerto de Hilda Guerrero de Molina. La multitud, enardecida, cargó nuevamente contra las fuerzas represivas, obligándolas a refugiarse en el local policial. Bella Vista quedó, por horas, en manos de la gente.[1]
  1. Seoane, María (1993). Todo o Nada. La historia secreta y la historia pública del jefe guerrillero Mario Roberto Santucho, Buenos Aires: Editorial Planeta, pag 97

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]