Hikaru Nakamura
(2016) | |||||||||||||||||
| Biografía | |||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 9 de decembro de 1987 Hirakata | ||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||
| Lugar de traballo | White Plains | ||||||||||||||||
| Ocupación | xadrecista, youtubeiro, streamer de Kick, streamer en Twitch, Q24067352 | ||||||||||||||||
| Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||
| Deporte | xadrez | ||||||||||||||||
| Patrocinador | G Fuel | ||||||||||||||||
| Título de xadrecista | Mestre Internacional (2001) Gran Mestre (2003) | ||||||||||||||||
| Puntos ELO (màx.) | 2.816 (2015)< | ||||||||||||||||
| Identificador FIDE | 2016192 | ||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Participou en | |||||||||||||||||
| 2018 | Campionato de xadrez dos Estados Unidos de 2018 | ||||||||||||||||
| 2018 | Olimpíada de xadrez de 2018 | ||||||||||||||||
| 2016 | Olimpíada de xadrez de 2016 | ||||||||||||||||
| 2014 | Olimpíada de xadrez de 2014 | ||||||||||||||||
| 2012 | Olimpíada de xadrez de 2012 | ||||||||||||||||
| 2010 | Olimpíada de xadrez de 2010 | ||||||||||||||||
| 2008 | Olimpíada de xadrez de 2008 | ||||||||||||||||
| 2006 | Olimpíada de xadrez de 2006 |
||||||||||||||||
| Sitio web | hikarunakamura.com | ||||||||||||||||
Christopher Hikaru Nakamura, nado o 9 de decembro de 1987 é un Gran Mestre de xadrez estadounidense, streamer, YouTuber, cinco veces campión de xadrez dos Estados Unidos e o actual campión mundial de xadrez aleatorio de Fischer. Prodixio do xadrez, conseguiu o seu título de Gran Mestre aos 15 anos, sendo o estadounidense máis novo no momento en facelo. Cunha puntuación máxima de 2816 Elo, Nakamura é o décimo xogador mellor valorado da historia.
Nakamura representou aos Estados Unidos en sete Olimpíadas de Xadrez (2006, 2008, 2010, 2012, 2014, 2016, 2018), conseguindo unha medalla de ouro por equipos e dúas de bronce por equipos, e participou en tres Torneos de Candidatos, rematando de segundo na edición de 2024, cuarto na edición de 2022 e sétimo na edición de 2016. En maio de 2014, cando a FIDE comezou a publicar clasificacións oficiais de xadrez rápido e blitz, Nakamura ocupaba o posto número 1 do mundo en ámbalas listas;[1] mantívose no primeiro rango ou preto do número 1 en rápido e blitz dende entón.[2][3]
Dende 2018, Nakamura desenvolveu a súa carreira como creador de contido e, posteriormente, asinou cunha organización de deportes electrónicos TSM, para unirse máis tarde a Misfits Gaming. Tendo canles populares en Twitch, Kick e YouTube, Nakamura é o streamer de xadrez máis popular e foi acreditado por contribuír ao crecemento da popularidade do xadrez en liña.[4][5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "FIDE Publishes Rapid and Blitz Rating Lists. Nakamura Heads Both". chess-news.ru. Arquivado dende o orixinal o 2014. Consultado o 2014.
- ↑ "FIDE rating list comparison". Arquivado dende o orixinal o 2022.
- ↑ "FIDE Publishes Rapid and Blitz Rating Lists. Nakamura Heads Both". chess-news.ru. Arquivado dende o orixinal o 2014. Consultado o 2014.
- ↑ "What has happened online actually dwarfs what Magnus has done: Grandmaster Hikaru Nakamura on chess' streaming revolution". edition.cnn.com. Arquivado dende o orixinal o 2024. Consultado o 2024.
- ↑ "Chess is taking over the online video game world — and both are changing from this unlikely pairing". salon.com. Arquivado dende o orixinal o 2024. Consultado o 2024.