Higinio Rodríguez Mármol
Higinio Rodríguez Mármol | |
---|---|
Nacemento | 1886 |
A Torre | |
Falecemento | 1976 |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político e empresario |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Higinio Rodríguez Mármol, nado na Torre (Porqueira) en 1886 e finado en 1976, foi un político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Emigrou a Cuba, e iniciouse en 1917 na loxa “Obreros de Morón” de Camagüey, alcanzando o grao terceiro. Regresou a Galicia en 1921 con 36 anos. Instalouse en Ganade (Xinzo de Limia) e casou coa mestra Ramona Iglesias Novo, coa que tivo nove fillos. Foi tenedor de libros da Casa Eire de Ourense, e despois converteuse en industrial muiñeiro. Durante a ditadura de Primo de Rivera foi alcalde de Porqueira de 1925 a 1927 e na Segunda República foi concelleiro e alcalde interino de Xinzo de Limia. En 1934 ingresou na loxa “Constancia nº 13” de Ourense con simbólico de “Martí” e pertenceu á xunta protectora da Escola Laica Neutral de Ourense. Volveu ser concelleiro de Xinzo de maio a xullo de 1936 por Izquierda Republicana e foi elixido alcalde.
Cando aconteceu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 non fixo oposición. Foi cesado o 5 de agosto e detido o 21 de novembro acusado de masón. Foi recluído na Prisión Provincial de Ourense e despois na de Celanova até mediados de xaneiro de 1937. Volveu ser detido o 16 de maio dese ano, permanecendo en prisión até o 27 de decembro de 1939, cando saíu en liberdade provisional, para ingresar novamente o 9 de febreiro de 1940, continuando detido até o 11 de abril. Fóronlle incautados os bens e polo Juzgado Especial de Incautaciones o Confiscaciones de Ourense instruíuse causa por responsabilidade, impoñéndolle 3.000 pesetas de multa. Xulgado en 1944, foi condenado a 12 anos e un día de reclusión menor. Encarcerado na Prisión Provincial de Madrid presentou recurso ante o Consello de Ministros, e o 31 de maio de 1946 conmutáronlle a pena inicial pola de 6 anos e un día de confinamento. En xuño de 1945 puido saír en prisión atenuada no seu domicilio e permaneceu nesa situación até xullo de 1950.
Predecesor: ? |
![]() Alcalde de Porqueira 1925 - 1927 |
Sucesor: ? |
Predecesor: Augusto Peláez Quelle |
![]() Alcalde de Xinzo de Limia 1936 |
Sucesor: - |
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Martínez Cerredelo, Edelmiro (2008). Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso", ed. A Limia: 1931-1953. Historia e memoria. Sarreaus. pp. 361–364. ISBN 978-84-612-6855-9.