Saltar ao contido

Higinio López Barrio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHiginio López Barrio
Biografía
Nacemento1897 Editar o valor en Wikidata
Montamarta, España Editar o valor en Wikidata
Morte27 de xullo de 1937 Editar o valor en Wikidata (39/40 anos)
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfuncionario, político Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 10510

Higinio López Barrio, nado en Montamarta (Zamora) cara a 1897 e finado en Ourense o 27 de xullo de 1937, foi un funcionario e político español.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Alguacil e axente da Audiencia de Ourense. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e ingresou na Prisión Provincial de Ourense o 10 de agosto.[1] Foi destituído como funcionario en agosto.[2] Encartado na causa 598/37 por rebelión militar, foi xulgado en consello de guerra presidido por Ambrosio Feijoo Pardiñas no que actuou como fiscal Joaquín Otero Goyanes o 23 de marzo de 1937, con Marcial García Barros, Anselmo López García, Marcelino Otaduy Vázquez, Eduardo París Villar, Manuel Suárez Castro e Antonio Taboada Nóvoa.[3] Condenado a pena de morte, foi fusilado no Campo de Aragón o 27 de xullo de 1937 xunto con Manuel Suárez Castro, Eduardo París Villar, Ramón Figueiras Añel, José González González, Antonio Colmenero Villamarín, Camilo Gago González e Antonio Taboada Nóvoa.[4] Abríronlle expediente de responsabilidades políticas.

  1. Libro rexistro de filiacións de reclusos de novo ingreso dos anos 1936 a 1937, 866
  2. El Pueblo Gallego, 19-8-1936, p. 5.
  3. La Región, 24-3-1937, p. 3.
  4. La Voz de Galicia, 28-7-1937, p. 4.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]