Highway 61 Revisited

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Highway 61 Revisited
Álbum de Bob Dylan
Publicado30 de agosto de 1965
Estudio(s)Columbia Studios en Nova York
Duración51:04
Xénero(s)Rock, folk rock, blues rock
Selo(s)Columbia Records
Producido porBob Johnston
Tom Wilson en "Like a Rolling Stone"
Cronoloxía
Bringing It All Back Home Highway 61 Revisited Blonde on Blonde

Highway 61 Revisited, amplamente considerado un dos mellores álbums da historia, foi o sexto na carreira do músico estadounidense Bob Dylan. Saíu ó mercado norteamericano o 30 de agosto de 1965 a través do selo Columbia Records. A canción "Like a Rolling Stone" foi considerada pola revista Rolling Stone como a mellor canción do pop e do rock.

Aínda que principalmente se trata de música acústica, Dylan usou a músicos de rock como banda de apoio en todas as cancións do disco, agás na balada de 11 minutos que pecha o álbum, "Desolation Row". Os críticos centráronse no xeito innovador no que Dylan combinou a música blues coa sutileza da poesía para crear cancións que capturasen o caos político e cultural dos Estados Unidos dese tempo.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

  1. "Like a Rolling Stone" – 6:09
  2. "Tombstone Blues" – 5:57
  3. "It Takes a Lot to Laugh, It Takes a Train to Cry" – 4:05
  4. "From a Buick 6" – 3:15
  5. "Ballad of a Thin Man" – 5:55
  6. "Queen Jane Approximately" – 5:28
  7. "Highway 61 Revisited" – 3:26
  8. "Just Like Tom Thumb's Blues" – 5:28
  9. "Desolation Row" – 11:21