Hieronymus Duquesnoy o Novo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Non confundir con Hieronymus Duquesnoy o Vello pai de Hieronymus Duquesnoy o Novo.
Para outros personaxes co mesmo apelido, ver a páxina de homónimos Duquesnoy.
Hieronymus Duquesnoy o Novo
(Jérôme Duquesnoy o Novo)
Duquesnoy1776.jpg
Retrato de Hieronymus Duquesnoy o Novo, por Ignatius Joseph van den Berghe (1776), presumiblemente a partir dunha pintura de Anton van Dyck
Nacemento8 de maio de 1602
 Greater coat of arms of the City of Brussels.svg Bruxelas
Flag Belgium brussels.svg Rexión de Bruxelas
Bélxica Bélxica
Falecemento28 de setembro 1654 (52 anos)
 Wapen van Gent.jpg Gante
Flag of Flanders.svg Flandres
Bélxica Bélxica
ÁreaEscultura e arquitectura
MovementoBarroco
Obras· Estatuas dos apóstolos na catedral de Bruxelas.
· Estatua de Santa Úrsula para a igrexa de Nosa Señora do Sablón, en Bruxelas.
· Mausoleo do bispo Antoon Triest na catedral de San Bavón, en Gante
Influenciado porHieronymus Duquesnoy o Vello.
François Duquesnoy.
ProxenitoresHieronymus Duquesnoy o Vello
editar datos en Wikidata ]

Hieronymus Duquesnoy o Novo (coñecido tamén co seu nome de pía en francés: Jérôme), nado na cidade belga de Bruxelas cara a 1602 (bautizado o 8 de maio dese ano) e executado na vila flamenga de Gante o 28 de setembro de 1652, foi un escultor e arquitecto brabantino.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mausoleo do bispo Triest, en Gante

Hieronymus recibiu a súa primeira educación artística en Bruxelas da man do seu pai, Hieronymus Duquesnoy o Vello, e aínda moi novo, en 1618, marchou a Roma para completar a súa formación, xunto co seu irmán François. As disputas persoais entre os irmáns fan que estes se separen e Hieronymus viaxa posteriormente a Lisboa, Florencia e Madrid, onde traballa na corte do rei Filipe IV.[2]

Reconciliado con François entre 1641 e 1643, cando este se atopaba gravemente doente, traballou no seu obradoiro en Roma e, tras a morte deste, volveu a Bruxelas, onde o arquiduque Leopoldo Guillerme de Austria, elixido como gobernador dos Países Baixos por Filipe IV, o nomeou escultor da corte. En Bruxelas comezou unha carreira sobresaliente. As obras con certas influencias barrocas do seu irmán supuxeron para Hieronymus un referente para o resto da súa vida e convertérono nun dos principais espalladores deste estilo polos Países Baixos.

"A Educación da Virxe por Santa Ana", en Bruxelas

Entre 1644 e 1646 esculpiu catro grandes estatuas dos apóstolos Paulo, Tomé, Bertomeu e Mateo para unha nave da catedral de San Miguel e Santa Gúdula de Bruxelas.

En 1651 foi nomeado arquitecto e escultor da corte. E ese mesmo ano esculpiu unha estatua de Santa Úrsula para a igrexa de Nosa Señora do Sablón, en Bruxelas, e en 1653 outra talla da "Educación da Virxe por Santa Ana", para a catedral bruxelesa. Como un arquitecto, construíu entre 1651 e 1656, a capela de Nosa Señora da mesma catedral.[3]

Destacan tamén entre as súas obras o "Cristo na cruz" en marfil da igrexa de Beatos de Mechelen, a estatua dos santos da abadía de San Miguel en Antuerpen e un "Rapto de Ganímedes" para o escultor Luc Faid'herbe.[4]

A partir de 1651 traballou, sobre todo, para edificar o mausoleo do bispo Antoon Triest na catedral de San Bavón, en Gante.[5]

Cando o mausoleo non estaba aínda rematado, foi acusado dun acto de sodomía sobre dous nenos de oito e once anos. Como consecuencia desta acusación, foi condenado a morte e, o 28 de setembro de 1654, foi executado esganándoo atado a un poste. O seu corpo foi reducido a cinzas na praza do mercado do gran, en Gante.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Jerôme Duquesnoy II Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine.". En Baroque in the Southern Netherlands (en inglés)
  2. "Du Quesnoy family". En Grove Art Online. Oxford University (en inglés)
  3. Coekelberghs, Denis. "A propos de Jérôme Du Quesnoy le jeune". En La Tribune de l'Art, 1 de setembro de 2006 (en francés)
  4. De Busscher, Edmond . "Les sculpteurs De Quesnoy, Delvaux, Calloigne". En Annales de la Société Royale des Beaux Arts. Gante, 1877. P. 305-440 (en francés)
  5. "Philippe Malgouyres: Le buste d'Antoine Triest (1576–1657), évêque de Gand, par les frères Duquesnoy, entre au Louvre". En La Revue du Louvre et des musées de France. 2000. N° 4, P.15-17 (en francés)
  6. Eekhoud, Georges. "Un illustre uraniste du XVII siècle. Jérôme Duquesnoy, sculpteur flamand". En Jahrbuch für Sexualzwischenstufen mit besonderer Berücksichtigung der Homosexualilät. 1900. P. 277-287 (en francés)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Hadermann-Misguich, Lydie. Les du Quesnoy. Gembloux, Duculot, 1970
  • De Busscher, E. "Les sculpteurs De Quesnoy, Delvaux, Calloigne". En Annales de la Société Royale des Beaux Arts. Gante, 1877 (en francés)
  • Philippot, P. et al. L'architecture religieuse et la sculpture baroques dans les Pays-Bas méridionaux et la principauté de Liège 1600-1770. Éditions Mardaga. Wavre, 2003. Páxinas 769-771 [ISBN 978-2-87009-838-7] (en francés)