Hidrófono

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Exemplo de modelo de hidrófono.

Ao igual que o micrófono, o hidrófono é un transdutor acusto-eléctrico que transforma ondas sonoras en sinais eléctricos, isto é, funciona coma un receptor de ondas sonoras, aínda que ás veces serve tamén de emisor, ao xeito dun altofalante. A diferenza áchase no contorno no que traballa: auga ou outros líquidos, de aí o seu nome.

Historia[editar | editar a fonte]

O primeiro sonar operativo foi construído por Reginald Fessenden nos Estados Unidos en 1914. Este dispositivo empregaba un oscilador de cobre electromagnético que emitía un ruído de baixa frecuencia, a continuación conmutaba a un modo de escoita para recibir o eco. Debido a este tosco modo de operación non era demasiado preciso na determinación da dirección do branco.

O primeiro dispositivo denominado hidrófono foi desenvolvido cando a tecnoloxía madurou e empregáronse ondas ultrasónicas que melloraban a capacidade de detección. Os ultrasonidos xéranse mediante un mosaico de cristais de cuarzo delgados pegados entre eles por láminas de aceiro de forma que se obteñen frecuencias de resonancia por encima de 150 KHz.

Os hidrófonos son unha parte importante do sonar usado para detectar submarinos tanto por barcos de superficie como por outros submarinos.

Aplicacións[editar | editar a fonte]

Unha das aplicacións máis habituais consiste na detección de ultrasóns, en situacións que van desde a detección de descargas eléctricas (p.ex. en transformadores) ata a detección de ultrasóns para a obtención de imaxes (esp. na biomedicina). Pero tamén se emprega na detección de infrasóns en aplicacións no eido da xeofísica, para a observación da actividade sísmica.