Hideo Nakata
(2015) | |
Nome orixinal | (ja) 中田秀夫 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 19 de xullo de 1961 (63 anos) Okayama, Xapón |
Educación | Universidade de Toquio |
Actividade | |
Lugar de traballo | Xapón |
Ocupación | director de cinema, guionista, escritor, produtor de cinema, realizador |
|
Hideo Nakata (en xaponés: 中田 秀夫, Nakata Hideo), nado en Okayama o 19 de xullo de 1961, é un cineasta xaponés.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nakata naceu en Okayama e é coñecido internacionalmente polo seu traballo en filmes de terror xaponeses como Ringu (1998), O sinal 2 (1999) e Dark Water (2002),[2] dos que mesmo se fixeron os remakes en inglés The Ring (2002), Dark Water (2005) e The Ring Two.[3]
Nakata ía debutar no cinema en inglés con True Believers, mais foi apartado do proxecto. Posteriormente DreamWorks ofreceulle dirixir The Ring Two (2005), que aceptou, co que debutou en inglés cunha secuela dun remake do seu propio filme.
Nakata destacou inicialmente no cinema con Joyû-rei, coñecida como Ghost Actress e Don't Look Up (1996). Aínda que non tivo demasiado éxito levouno a dirixir Ringu.
O seu filme Chatroom, participou na sección Un Certain Regard no Festival de Cannes de 2010.[4]
Filmografía
[editar | editar a fonte]- Honto ni atta kowai hanashi: Jushiryō (1992)
- Joyû-rei (1996)
- Ringu (1998)
- O sinal 2 (1999)
- Garasu no Nō (1999)
- Kaosu (2000)
- Honogurai mizu no soko kara (2002)
- The Ring Two (2005)
- Kaidan (2007)
- L: Change the World (2008)
- Chatroom (2010)
- Inshite Miru: 7-kakan no desu gemu (2010)
- Kuroyuri danchi (2013)
- Monsterz (2014)
- Words With Gods (2014) – segmento "Sufferings"
- Shinigami-kun (2014) – 1 episodio
- Gekijourei (2015)
- White Lily (2016)
- Life in Overtime (2018)
- Stolen Identity (2018)
- The Woman Who Keeps a Murderer (2019)
- Sadako (2019)
- Stigmatized Properties (2020)
- Usogui (2022)[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Schilling, Mark (18 de xaneiro de 2010). "Hideo Nakata to direct 'Incite Mill'". Variety. Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2010.
- ↑ Serafini, Matt (18 de xaneiro de 2010). "Nakata to Direct the Incite Mill". DreadCentral. Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2013.
- ↑ "ENOUGH of These Underground Games. Hideo Nakata, It's a Little Late". BloodyDisgusting. 18 de xaneiro de 2010.
- ↑ Leffler, Rebecca (15 de abril de 2010). "Hollywood Reporter: Cannes Lineup". hollywoodreporter. Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2010. Consultado o 2010-04-17.
- ↑ "横浜流星が銀髪・白スーツ姿に『噓喰い』映画化で主演 中田秀夫監督とタッグ". Crank-in!. Consultado o 2 de xullo de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hideo Nakata |