Hialocito

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Os hialocitos, tamén chamados células vítreas, son células do corpo vítreo do ollo, o cal é a cavidade chea de xel transparente (humor vítreo) situada no espazo situado entre o cristalino e a retina do ollo. Os hialocitos aparecen na parte periférica do corpo vítreo, e poden producir ácido hialurónico e coláxeno,[1] que pasan ao humor vítreo e forman fibrilas de coláxeno enlazadas coa hialurona.[2][3] Os hialocitos son células con forma estrelada cun núcleo oval.[3]

O desenvolvemento de corpo vítreo no embrión ocorre en tres etapas: primaria, secundaria e terciaria.[4] Durante a etapa primaria, que ten lugar entre as semanas 3 e 6, os compoñentes básicos empezan a formarse a partir da capa de células embrionarias do mesénquima.[4] Os hialocitos probablemente se desenvolven a partir do vítreo primario vascular.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sommer F, Brandl F, Weiser B, Tesmar J, Blunk T, Göpferich A. "FACS as useful tool to study distinct hyalocyte populations." Exp Eye Res. 2009 May;88(5):995-9. Epub 2008 Dec 6
  2. D. W. Fawcett. Tratado de Histología. Interamericana-McGraw Hill. 1987 11ª edición. Páxina 943. ISBN 84-7605-361-4 .
  3. 3,0 3,1 Paulsen, Douglas F. (2010). "Chapter 24. Sense Organs". Histology and cell biology : examination and board review (5th ed.). Stamford, Conn.: Appleton & Lange. ISBN 978-0071476652. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Cunningham, Emmett T.; Paul Riordan-Eva (2011). "Chapter 1. Anatomy & Embryology of the Eye". Vaughan & Asbury's general ophthalmology. (18th ed.). New York: McGraw-Hill Medical. ISBN 978-0071634205.