Heute Abend wollen wir tanzen geh'n
| Heute Abend wollen wir tanzen geh'n | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| gêmeas Kessler (pt) | |||||||
|
Título
| |||||||
|
Instancia de
| |||||||
|
Forma artística
| |||||||
|
Xénero
| |||||||
|
Lingua
| |||||||
| Autoría | |||||||
|
Interpretado por
| |||||||
|
Compositor/a
| |||||||
|
Letra de
| |||||||
| Publicación | |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata | |||||||
«Heute Abend wollen wir tanzen geh'n» (en galego: «Esta noite queremos ir bailar») é unha canción composta por Helmut Zander e interpretada en alemán por Alice e Ellen Kessler.[1] Lanzouse como sinxelo en 1959 mediante Polydor Records.[2] Foi elixida para representar a Alemaña no Festival de Eurovisión de 1959 tras ser seleccionada internamente pola emisora alemá ARD.[3][4]
Festival de Eurovisión 1959
[editar | editar a fonte]
Selección
[editar | editar a fonte]«Heute Abend wollen wir tanzen geh'n» foi seleccionada para representar a Alemaña no Festival de Eurovisión 1959 pola emisora alemá ARD.[3][4]
No festival
[editar | editar a fonte]A canción participou no festival celebrado no Palacio de Festivais e Congresos de Cannes o 11 de marzo de 1959, sendo interpretada polas cantantes alemás Alice e Ellen Kessler.[4] A orquestra foi dirixida por Franck Pourcel.[5]
Foi interpretada en sexto lugar, seguindo aos Países Baixos con Teddy Scholten interpretando «Een beetje» e precedendo a Suecia con Brita Borg interpretando «Augustin». Ao final das votacións, a canción recibiu 5 puntos, obtendo o oitavo posto de 11.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Heute Abend Wollen Wir Tanzen Geh'n". Discogs (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2019. Consultado o 19 de agosto de 2019.
- ↑ "Alice Og Ellen Kessler* – Kess Og Sexy". Discogs (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2019. Consultado o 19 de agosto de 2019.
- ↑ 3,0 3,1 "Germany 1959" [Alemaña 1959]. ESC-History (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2019. Consultado o 19 de agosto de 2019.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 UER (ed.). "Alice and Ellen Kessler - Germany — Cannes 1959" [Alice e Ellen Kessler - Alemaña — Cannes 1959]. Festival de Eurovisión (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2019. Consultado o 19 de agosto de 2019.
- ↑ "Franck Pourcel". And the conductor is... (en inglés). Search, by year, 1959, Franck Pourcel. Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2018. Consultado o 19 de agosto de 2019.
- ↑ UER (ed.). "Final of Cannes 1959" [Final de Cannes 1959]. Festival de Eurovisión (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2019. Consultado o 19 de agosto de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]| Predecesor: «Für zwei Groschen Musik» Margot Hielscher |
Alemaña no Festival de Eurovisión 1959 |
Sucesor: «Bonne nuit, ma chérie...» Wyn Hoop |