Herminia Borrell
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1897 Camariñas, España |
Morte | 18 de febreiro de 1971 (73/74 anos) A Coruña, España |
Lugar de sepultura | cemiterio de Santo Amaro da Coruña |
Familia | |
Cónxuxe | Nubar Gulbenkian |
Herminia Elena Josefa Rodríguez-Borrell Feijóo, nada en Camariñas en 1897 e finada o 18 de febreiro de 1971,[1] foi unha muller da alta burguesía galega coñecida polo seu casamento en 1922 co magnate Nubar Gulbenkian, fillo do filántropo Calouste Gulbenkian.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Herminia Borrell era filla do albanel de Camariñas emigrado en Cuba Máximo Rodríguez Borrell e María Luisa Feijóo, filla do militar ao cargo do enxeño azucreiro onde aquel traballaba.[4] Destacou entre os círculos de sociedade coruñeses e a súa festa de posta de longo celebrouse no Pazo de Meirás, grazas á anfitrioa Emilia Pardo Bazán.[2]
Malia as reservas por parte das dúas familias, Herminia Rodríguez-Borrell Feijoo e Nubar Gulbenkian casaron en Londres na Prince's Row Registry Office en 1922. Á cerimonia só asistíu a nai de Herminia e a súa tía Lala.[5] O acto relixioso polo rito armenio tivo lugar nunha das habitacións do Ritz en Londres, hotel onde a parella se aloxou durante o primeiro ano de casados.[6] Pola súa oposición ao matrimonio, Gulbenkian deixou de recibir axuda económica do seu pai.[7] Finalmente, Herminia foi repudiada.[8] Logo do seu divorcio, a finais dos anos vinte, trasladouse ao pazo de Sigrás, en Cambre (A Coruña), aínda que tamén tiña propiedades en Carballo e Camariñas.[4][9]
Foi unha muller moi moderna para o seu tempo, fumaba, vestía pantalóns e andaba en bicicleta.[2] Foi a primeira muller con carné de conducir en España e presidiu de xeito honorífico o Deportivo da Coruña.[10][2]
Familia
[editar | editar a fonte]O seu irmán Max casou en 1936 con María del Carmen Álvarez de Sotomayor Castro, filla do pintor Fernando Álvarez de Sotomayor. A propia Herminia actuou como madriña.[11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Armesto 1976, p. 7.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Villardón, María (24 de novembro de 2018). "Herminia Feijóo, primera esposa del magnate armenio Nubar Gulbenkian". Vanity Fair (en castelán). Consultado o 12 de febreiro de 2019.
- ↑ Ventureira, Rubén, ed. (2012). O cemiterio de Santo Amaro (PDF). Concello da Coruña. Consultado o 6 de agosto de 2019.
- ↑ 4,0 4,1 Lema, Rafael (20 de novembro de 2007). "Herminia Borrell de Camariñas. La primera española con carné de conducir". Anosacosta (en castelán). Consultado o 12 de febreiro de 2019.
- ↑ Armesto 1976, p. 21.
- ↑ Armesto 1976, p. 23.
- ↑ "Ha muerto Gulbenkian, el "rey del petróleo"". Blanco y Negro (en castelán) (Madrid): 60. 22 de xaneiro de 1972. Consultado o 18 de marzo de 2019.
- ↑ "Ha muerto Nubar Gulbenkian". ABC (en castelán) (Sevilla). 12 de xaneiro de 1972. p. 16. Consultado o 18 de marzo de 2019.
- ↑ "Retrato de Doña Herminia R. Borrell Feijóo 1930-1939 OLMOS MESA, Elena (1899- 1983)". museobelasartescoruna.xunta.gal. Consultado o 12 de febreiro de 2019.
- ↑ Lema, Rafael (26 de novembro de 2018). "Herminia Borrell, una camariñana en Vanity Fair | Reportaxes". Adiante Galicia (en castelán). Consultado o 12 de febreiro de 2019.
- ↑ "Capítulo de bodas". ABC (en castelán) (Madrid). 4 de marzo de 1936. p. 24. Consultado o 18 de marzo de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Armesto, Victoria (1976). Herminia (en castelán). A Coruña: La Voz de Galicia. ISBN 9788440097859. OCLC 4188604.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Villardón, María (24 de novembro de 2018). "Herminia Feijóo, la coruñesa que fue millonaria y moderna antes que Marta Ortega". Vanity Fair (en castelán).
- Herminia Borrell, una vida de novela Arquivado 13 de febreiro de 2019 en Wayback Machine. no blog de Xosé Manuel Lema
- Lema, Rafael (9 de agosto de 2010). "Herminia Borrell, una avanzada de su tiempo". A Nosa Costa. Consultado o 12 de febreiro de 2019.
- Bugallal, Isabel (24 de outubro de 2016). "La belleza coruñesa y el jeque armenio". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 12 de febreiro de 2019.