Heriberto Pérez Proenza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHeriberto Pérez Proenza
Biografía
Nacemento8 de novembro de 1883 Editar o valor em Wikidata (140 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , sindicalista , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Heriberto Pérez Proenza, nado en Ourense o 8 de novembro de 1883, foi un político, sindicalista e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Socialista e sindicalista, vinculouse ao movemento agrarista. Marchou a Biscaia, afiliouse á UGT e foi membro da Agrupación Socialista de Abanto Zierbena, onde foi concelleiro en 1911. Foi desterrado a Ourense por inxurias a un sacerdote. En Ourense foi presidente da Sociedade de Dependencia Mercantil, presidente da Agrupación Socialista de Ourense (1913) e director de El Vértigo.[1] Foi elixido secretario da Federación Provincial de Sociedades Obreiras de Ourense en abril de 1914 presidida por José Conde Vide.[2] En 1916 foi condenado pola Audiencia Provincial de Ourense con Manuel Lustres Rivas por inxurias ao presidente da Deputación de Ourense Emilio Morenza.[3][4] Pola súa participación na folga xeral de 1917, foi detido en outubro.[5] Participou na campaña para a elección de Luis Antón del Olmet como deputado por Verín nas eleccións de febreiro de 1918,[6] onde foi detido, aínda que rapidamente liberado. En outubro de 1919 solicitou permiso para publicar un semanario co título Los Rojos, que non chegou a ver a luz.[7] Nomeado secretario do Concello de San Amaro en marzo de 1922,[8] foi destituído aos poucos días polo gobernador civil.[9] Foi secretario xeral da CRAG e dirixiu El Agro en 1923.

Nos anos da República trasladouse á Pontraga (Tordoia) para traballar como vixilante das obras do ferrocarril Coruña-Santiago.[10] Presentou o mitin do Partido Galeguista en Ordes o 4 de setembro de 1932.[11] Presidente da Federación Agraria del Partido de Órdenes en 1933,[12] foi detido en Ordes en agosto de 1933 cos veciños de Parada Manuel Souto Galano, Manuel Remuiñán Filgueira, Antonio Soto Pena e Juan Río, acusados de poñer un petardo na máquina desgranadora de Pedro Pampín del Río, un veciño que non quería ingresar na sociedade agraria.[13] Volveu ser detido en 1934 e xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela o 2 de febreiro de 1935, acusado de reunión clandestina; defendido por Juan Jesús González, foi absolto.[14]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Diario de Pontevedra, 22-1-1914, p. 2.
  2. La Región, 14-4-1914, p. 2.
  3. La Región, 1-3-1916, p. 2.
  4. El Diario de Pontevedra, 9-3-1916, p. 2.
  5. El Ideal Gallego, 13-10-1917, p. 3.
  6. Olmet, Luis Antón del (1918). Antonio Marzo, ed. Galicia, llora (PDF). Madrid. Consultado o 21 de agosto de 2013. d
  7. La Región, 8-10-1919, p. 2.
  8. La Zarpa, 30-3-1922, p. 2.
  9. La Zarpa, 1-4-1922, p. 1.
  10. La Voz de Galicia, 25-11-1932, p. 5, 6.
  11. El Pueblo Gallego, 4-9-1932, p. 7.
  12. Axitación agraria en 1933
  13. El Pueblo Gallego, 27-8-1933, p. 10.
  14. El Pueblo Gallego, 3-2-1935, p. 8.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]