Hererolandia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Hererolandia

Hererolandia (en inglés Hereroland, foi un bantustán na África do Suroeste (actual Namibia) establecido para o pobo herero como parte do sistema de apartheid en 1968.

Outorgóuselle o autogoberno en xullo de 1970. O bantustán cesou de existir en maio de 1989 ao comezar o proceso de transición á independencia.

A súa superficie era de 58.997 km² e a súa poboación era de 44.000, situado no leste do país na fronteira con Botswana, o seu carácter era moi árido, comprendía o occidente do deserto do Kalahari, tiña como capital a poboación de Okahandja. Na actual Namibia o territorio deste bantustán forma parte das rexións de Omaheke e Otjozondjupa.

Bantustáns no territorio de África do Suroeste, Hereroland ao nordeste.

Lista de dirixentes[editar | editar a fonte]