Hercogamia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A hercogamia é o conxunto de mecanismos de separación espacial que evitan a autopolinización debido á posición relativa dos estames e carpelos.

Tipos[editar | editar a fonte]

Segundo a posición relativa de anteras e estigmas pode ser:

  • De aproximación: os estigmas localízanse por enriba das anteras.
  • Revertida: os estigmas atópanse por debaixo das anteras.
  • Recíproca ou heterostilia: desigualdade en dous (distilia) ou tres (tristilia) tipos de flores hermafroditas dunha poboación caracterizadas pola disposición e lonxitude recíproca de anteras e estigmas.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre botánica é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.