Herbert Rey Willisch

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Herbert
Información persoal
Nome completo Herbert Rey Willisch
Nacemento 13 de marzo de 1987 (32 anos)
  Ribeira
Nacionalidade España
Altura 1,69 m.
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Atlético Coruña Montañeros C.F.
Carreira xuvenil
2005–2006 Deportivo da Coruña
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2006-2009 Deportivo B 30 (0)
2009-2012 Montañeros 88 (12)
2012-2015 Cerceda
2015-2018 C.D. Boiro

* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

editar datos en Wikidata ]

Herbert Rey Willisch, nado en Ribeira o 13 de marzo de 1987, é un futbolista galego. É un xogador zurdo, que se desenvolve como mediapunta ou extremo por ambas as bandas O seu club actual é o Atlético Coruña Montañeros C.F.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou en etapa benxamín xogando no Montañeros CF e na categoría alevín pasou a formar parte do Deportivo da Coruña, co que disputou o Campionato Nacional de Fútbol 7 de Brunete organizado pola Cadena Ser e Canal+. Seguiu no club coruñés até incorporarse ao filial do conxunto branquiazul, onde permaneceu tres tempadas. No seu primeiro ano no Deportivo B acadou o ascenso de terceira división a 2ª división B. Nesta categoría xogou dúas tempadas, e nunha delas xogou a fase de ascenso a 2ª división.

Fichou polo Montañeros CF, tamén de 2ª división B, onde permaneceu tres tempadas. Alí coincidiu con varios dos seus antigos compañeiros da súa etapa branquiazul, como Jorge Cano, Rubén Rivera ou Manuel Romay. Despois fichou polo CCD Cerceda da terceira división. Tras un primeiro ano algo irregular, onde o equipo non acada as expectativas creadas, o equipo sufriu unha revolución en forma de altas e baixas de xogadores, pero Herbert decide continuar no novo proxecto. Nas dúas seguintes tempadas o equipo logra meterse na fase de ascenso a 2ª división B, onde o xogador tivo un papel relevante. Na súa segunda tempada como xogador do CCD Cerceda foi nomeado mellor xogador do grupo I da Terceira División.

Na actualidade (outubro de 2018) milita no Atlético Coruña Montañeros C.F.[1]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Herbert - Montañeros At.Coruña :: Fútbol de Galicia ::". www.lapreferente.com. Consultado o 2018-10-18.