Heorhiy Narbut

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHeorhiy Narbut

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento9 de marzo de 1886 Editar o valor em Wikidata
Narbutivka (Imperio Ruso) Editar o valor em Wikidata
Morte23 de maio de 1920 Editar o valor em Wikidata (34 anos)
Kíiv (Unión Soviética) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteTifo Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério de Baikove (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Ruso
República Popular de Ucraína Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Estatal de San Petersburgo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Kíiv (1917–1920)
Múnic (1909–1910)
San Petersburgo (1900–1917) Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónartista gráfico , pintor , deseñador , ilustrador , debuxante Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoGráficos Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsVladimir Narbut (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata
Retrato de Heorhiy Narbut feito polo pintor ruso Boris Kustodiev (1914).

Heorhiy Narbut (ucraíno: Георгій Іванович Нарбут) nado en Narbutivka o 25 de febreiro de 1886 e finado en Kíiv o 23 de maio de 1920, foi o deseñador gráfico ucraíno máis importante do século XX.[1] É tamén chamado Georgy Narbut e George Narbut.

Ilustrador de prensa e de libros, é coñecido por deseñar o escudo da República popular de Ucraína, así como dos seus billetes e selos postais. Era irmán dun senlleiro poeta do acmeísmo, Vladimir Narbut.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Heorhiy Narbut naceu na aldea Narbutivka, Imperio ruso (agora Ucraína), non lonxe de Hlukhiv. A súa familia descía da antiga nobreza lituana e o seu irmán, Vladimir Narbut, foi un senlleiro poeta do acmeísmo.

Proposta de escudo para a República Popular de Ucraína elaborada por Narbut en 1918.

Aínda que na súa formación pictórica comezara sendo autodidacta, contra os vinte anos, estableceuse en San Petersburgo, onde morou entre 1906 e 1917. Alí estudou con pintores Ivan Bilibin e Mstislav Dobuzhinsky, e no 1909, Narbut continuou os seus estudos en Múnic, na escola de Simon Hollósy. Despois de que o seu regreso a San Petersburgo integrouse na organización Mir iskusstva. No 1910-1912 Narbut ilustrou os contos de fadas de Hans Christian Andersen, e as fábulas de Ivan Krylov, entre outros contos populares.

En marzo do ano 1917, no contexto da Revolución de Febreiro, Narbut trasladouse a Kíiv, incorporándose pronto como docente da Academia Ucraína de Artes, da que chegaría a ser reitor. Foi nese tempo cando deseñou os billetes e selos da República Popular de Ucraína, recentemente fundada. Narbut tamén traballado nas revistas ucraínas: Nashe Mynule (O noso pasado), Zori (Estrelas), e Sontse Truda (O Sol do Traballo) entre outras. Morreu de tifo en 1920.

A bailarina Marina Berezowsky (1914-2011) era a súa filla, e destacou no ballet de Australia.[2]

Obras[editar | editar a fonte]

Selos deseñados no 1918 por Anton Sereda e Heorhiy Narbut.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Katchanovski, Ivan; Kohut, Zenon E.; Nebesio, Bohdan Y.; Yurkevich, Myroslav (2013-07-11). Historical Dictionary of Ukraine (en inglés). Scarecrow Press. ISBN 978-0-8108-7847-1. 
  2. Dally Messenger, "Great leader and teacher of dance", The Sydney Morning Herald, 13 July 2011. Retrieved 24 May 2016

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]