Henry Labouchere
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 15 de agosto de 1798 Cemiterio parroquial de San Pedro e San paulo, Over Stowey, Somerset. |
| Morte | 13 de xullo de 1869 (70 anos) Gran Londres, Inglaterra. |
| Lugar de sepultura | Cemiterio parroquial de Over Stowey, Somerset. |
| Cargos | |
Membro do Parlamento do Reino Unido | |
| Período | 1826-1859 |
| Antecesor | John Everett Millais |
| Director da Royal Mint | |
| Período | 1835-1841 |
| Antecesor | Alexander Baring. |
| Sucesor | William Ewart Gladstone. |
| Presidente da Comisión de Comercio | |
| Período | 1838-1841 1847-1852 |
| Antecesor | Charles Poulett Thomson. George Villiers. |
| Sucesor | Frederick John Robinson. Joseph Warner Henley |
| Secretario de Estado para as Colonias | |
| Período | 1855-1858 |
| Antecesor | William Palmerston |
| Sucesor | Edward Stanley. |
| Secretario Xefe para Irlanda | |
| Período | 1846-1847 |
| Antecesor | Henry Pelham-Clinton |
| Sucesor | William Somerville. |
| Datos persoais | |
| País de nacionalidade | |
| Relixión | Anglicanismo |
| Educación | Winchester College. Christ Church, Oxford. |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Londres |
| Ocupación | Político, alto funcionario. |
| Empregador | Parlamento do Reino Unido. Royal Mint. |
| Partido político | Whig. Partido Liberal. |
| Obra | |
| Arquivos en | |
| Outro | |
| Título | Baron Taunton (en) |
| Cónxuxe | Frances Baring (1840). Mary Howard (1852). |
| Fillos | 3: Emily, Mina Francis e Mary Dorothy. |
| Pais | Peter Cesar Labouchere |
| Irmáns | John Peter Labouchere |
| Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Dictionary of National Biography Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Lista
| |
Henry Labouchere (1º Barón Taunton), nado en Over Stowey, Somerset, o 15 de agosto de 1798 e finado en Belgrave Square, Londres, o 13 de xullo de 1869, foi un alto funcionario e político británico dos partidos Whig e Liberal, membro do Parlamento Británico e director da Real Casa da Moeda do Reino Unido.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos e formación
[editar | editar a fonte]Henry Labouchere naceu o 15 de agosto de 1798 en Over Stowey, Somerset, Inglaterra, nunha destacada familia da sociedade inglesa, fillo máis novo de Dorothy Elizabeth Baring (1771-1859)[1] e de Peter Cesar Labouchere (finado en 1839),[2][3] un banqueiro de orixe holandesa e de ascendencia hugonote francesa, socio do banco Hope & Company, de Ámsterdam, que se establecera en Inglaterra.[4][5][6]
Estudou inicialmente no Winchester College, en Winchester, Hampshire, e o 24 de outubro de 1816 iniciou os seus estudos superiores no Christ Church, da Universidade de Oxford,[5] onde se licenciou en 1821 e acadou o mestrado en 1828.[3][4][6]
En 1824 visitou o Canadá e os Estados Unidos,[3] para estudar o funcionamento das súas institucións. Tamén fixo estudos de Dereito en Lincoln's Inn, en Londres, aínda que non chegou a exercer esa profesión.[4]
Carreira pública
[editar | editar a fonte]En 1826, Labouchere foi elixido deputado por St Michael, como membro do partido Whig, e en 1830 trasladouse ao escano de Taunton, que ocupou ata 1859, con sucesivas reeleccións.[3][4][6]
En 1832 foi nomeado por primeira vez para un cargo, o de Lord Civil do Almirantado, que ocupou ata 1834.[3] Logo comezou o segundo período de goberno do primeiro ministro William Lamb exercendo como Master of the Mint ou director da Real Casa da Moeda do Reino Unido (1835-1841),[7][8] e nese período foi tamén Conselleiro Privado, vicepresidente da Xunta de Comercio e subsecretario de Estado para a Guerra e as Colonias. Logo foi ascendido a un posto de gabinete, como presidente da Xunta de Comercio,[4] que ocupou desde 1839 ata a caída do Goberno de Lamb en 1841.[3][6]
Cando os whigs, liderados por John Russell, volveron ao poder en 1846, Labouchere regresou ao gabinete, esta vez como secretario xefe para Irlanda. Baixo a súa administración comezaron a sentirse en Irlanda os peores efectos da Gran Fame Irlandesa. O ano seguinte, volveu á presidencia da Xunta de Comercio, cargo que ocupou ata a caída do Goberno de Russell en 1852.[3][6]
De 1853 a 1854 formou parte da Comisión Real sobre a Cidade de Londres.[9] O seu derradeiro cargo no gabinete foi durante o primeiro período do Goberno de Henry J. Temple, no que exerceu como secretario de Estado para as Colonias de 1855 a 1858.[6]
O 18 de agosto de 1859, Labouchere foi elevado á nobreza como Barón de Taunton, no condado de Somerset.[3][5][10]
Vida persoal e familia
[editar | editar a fonte]
En 1840, Labouchere casou coa súa curmá Frances Baring (1813-1850).[11] Tivieron tres fillas:[3] Mary Dorothy (1842-1920),[12] Mina Frances (1843-1917)[13] e Emily (1844-1933).[14]
Logo do falecemento da súa primeira esposa en maio de 1850, aos 36 anos, como consecuencia dun parto prematuro,[15] en abril de 1852 Labouchere casou en segundas nupcias con Mary Matilda Georgina Howard (1823-1892), con quen non tivo descendencia.[3][16]
Henry Labouchere finou na súa casa de Belgrave Square, Londres, o 13 de xullo de 1869, aos 70 anos. Foi soterrado no cemiterio parroquial de San Pedro e San Paulo, en Over Stowey, Somerset.[3][17] Ao non ter fillos varóns, a baronía extinguiuse coa súa morte.[3][4][6]
O seu sobriño, tamén chamado Henry Labouchere, herdou parte da súa fortuna, e máis tarde converteuse nun coñecido editor de xornais e político.[6][18]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Dorothy Elizabeth Baring Labouchere". Findagrave.com
- ↑ "Pierre Caesar “Peter” Labouchere". Findagrave.com
- 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 Murphy, D. (2009).
- 1 2 3 4 5 6 Gilman, D.C.; Peck, H. T.; Colby, F. M. (eds.) (1905).
- 1 2 3 Chisholm, H. (ed.) (1911).
- 1 2 3 4 5 6 7 8 Barke, G. F. R. (2004).
- ↑ Forrer, L. (1903).
- ↑ "Labouchère, Henry". Biographisches Lexikon der Münzmeister und Wardeine, Stempelschneider und Medailleure (Mintmaster.geschichte.lmu.de).
- ↑ "List of commissions and officials: 1850-1859 (nos. 53-94)". En Office-Holders in Modern Britain. Volume 9. University of London. 1984.
- ↑ "No. 22298". En The London Gazette. 16 de agosto de 1859. Páxina 3.108.
- ↑ "Frances “Fanny” Baring Labouchere". Findagrave.com
- ↑ "Mary Dorothy “Mimi” Labouchere Stanley". Findagrave.com
- ↑ "Mrs Mina Frances Labouchere Ellis". Findagrave.com
- ↑ "Emily Harriet Labouchere Eliot". Findagrave.com
- ↑ "Sudden Death of Mrs. Labouchere". En Bucks Herald. 1 de xuño de 1850. Páxina 6.
- ↑ "Mary Matilda Georgiana Howard Labouchere". Findagrave.com
- ↑ "Henry Labouchere". Findagrave.com
- ↑ Thorold, A. L. (1912). The life of Henry Labouchere. Putmam, Nova York.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Henry Labouchere |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barke, G. F. R. (2004). "Labouchere, Henry, Baron Taunton (1798-1869)". En Oxford Dictionary of National Biography. Oxford University Press.
- Chisholm, H. (ed.) (1911). "Taunton, Henry Labouchere, Baron". En Encyclopædia Britannica. Vol. 26. 11ª ed. Cambridge University Press. Páxina 453.
- Craig, John (2010) [1953]. The Mint: a History of the London Mint from A.D. 287 to 1948. Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-17077-2
- Forrer, L. (1903). "Labouchère, Henry". En Biographical Dictionary of Medallists. Vol. 3. Spink & Son, Londres. Páxina 264.
- Gilman, D.C.; Peck, H. T.; Colby, F. M. (eds.) (1905). "Labouchere, Henry, Baron Taunton". En New International Encyclopedia. Vol. XI. Dodd, Mead and C., Nova York. Páxina 662.
- Murphy, D. (2009). "Labouchere, Henry". En Dictionary of Irish Biography.