Henrique Galvão

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Henrique Galvão
Nome completoHenrique Carlos da Malta Galvão
Nacemento4 de febreiro de 1895
Lugar de nacementoLisboa
Falecemento25 de xuño de 1970
Lugar de falecementoSão Paulo
NacionalidadePortugal
Ocupacióncapitán do exército, explorador-naturalista, e escritor
Coñecido porsecuestro do Santa María
PremiosGrande-Oficial da Ordem Militar de Cristo e Grã-Cruz da Ordem da Liberdade
editar datos en Wikidata ]

Henrique Carlos da Malta Galvão, nado en Barreiro o 4 de febreiro de 1895 e finado en São Paulo o 25 de xuño de 1970, foi capitán do exército, explorador-naturalista, e escritor portugués. Fíxose mundialmente famoso, en 1961, por ter organizado e comandado o secuestro do Santa María, nunha tentativa de provocar unha crise política contra o réxime de Salazar.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Henrique Galvão desde cedo seguiu a carreira militar. Foi un dos partidarios de Sidónio Pais. Foi administrador do concello de Montemor-o-Novo. Participou na revolución do 28 de maio de 1926 e foi un fervoroso salazarista. Foi o primeiro director da Emissora Nacional en 1934. Máis tarde, estivo e África, onde organizou accións de propaganda. Foi gobernador de Huíla. Angola inspiroulle a vea literaria, escribindo unha serie de libros sobre a vida nas colonias africanas, a súa antropoloxía e zooloxía.

No inicio da década dos 50, Henrique Galvão deslindouse do réxime de Salazar e comezou a conspirar con outros militares, máis acabou por ser descuberto, preso e expulsado do exército. En 1959, aproveitando unha visita ao Hospital de Santa María, fuxiu e refuxiouse na embaixada da Arxentina, conseguindo o exilio político en Venezuela. Henrique Galvão era, con Humberto Delgado, unha figura extremadamente popular nos medios opositores non afectos ao PCP. Para o Partido Comunista, Portugal aínda non estaba preparado para a revolución, en canto Galvão pensaba que non había tempo a perder. Foi durante o exilio que comezou a preparar aquela que seria a súa acción mais espectacular: o desvío dun paquete cheo de pasaxeiros, a que deu o nome de "Operación Dulcinea". Coordinou esta acción con Humberto Delgado, que estaba exiliado no Brasil.

O navío escollido foi o paquete "Santa María", que partira en 9 de xaneiro de 1961 para unha viaxe regular ata Miami. Galvão embarcou clandestinamente no navío, en Curaçao, Antillas Holandesas. A bordo xa se encontraban os 20 elementos do Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación, grupo que asumiría a responsabilidade do asalto. O navío levaba cerca de 612 pasaxeiros, moitos norteamericanos, e 350 tripulantes. A operación comezou na madrugada do 22 de xaneiro, coa ocupación da ponte de mando. Un dos oficiais de bordo ofreceu resistencia e foi morto a tiros; os restantes, segundo Galvão, rendéronse vergoñosa e covardemente. O paquete mudou de rumbo e partiu en dirección a África. Henrique Galvão quería dirixirse á illa española de Fernando Póo, no golfo da Guinea, e a partir de aí atacar Luanda, que sería o punto de partida para o derrube dos gobernos de Lisboa e Madrid. Un plano megalómano e quixotesco, condenado ao fracaso, pero que chamaría a atención internacional para a ditadura salazarista.

As cousas comezarán a complicarse cando un buque dinamarqués avistou ao Santa María, dando avisou á garda costeira americana. De aí ata chegada dos navíos de guerra foi un ápice. Vendo que todo estaba perdido, Henrique Galvão decidiu arribar a Recife e renderse ás autoridades brasileiras, pedindo asilo político, que foi concedido.

Henrique Galvão, morreu en São Paulo, coa enfermidade de alzhéimer.