Henriette d'Angeville

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Henriette d'Angeville
Henriette d'Angeville.jpg
Nacemento10 de marzo de 1794
 Semur-en-Brionnais
Falecemento13 de xaneiro de 1871
 Lausana
NacionalidadeFrancia
Ocupaciónespeleólogo
editar datos en Wikidata ]
Henriette d'Angeville

Henriette d'Angeville, nada en Semur-en-Auxois o 10 de marzo de 1794 e finada en Lausana o 13 de xaneiro de 1871, foi unha alpinista francesa, considerada a primeira muller a atinxir o cumio do Mont Blanc e por ese feito é coñecida como a "Mademoiselle d'Angeville, la fiancée du mont Blanc" (a noiva do Mont Blanc)

Ascensión[editar | editar a fonte]

Dende había moito tempo desexaba subir ó Mont Blanc, polo Henriette d'Angeville mandou confeccionar roupa especial para atinxir o seu fin. Segundo as súas propias palabras, je suis la fiancée du Maudit!, "son a noiva do Maldito" (pois o Mont Maudit é unha pasaxe case que obrigatoria para atinxir o Mont Blanc).

Acompañada por seis guías de montaña atinxe a cima o 3 de setembro de 1838, feito que é debidamente apreciado polos chamoniards (habitantes de Chamonix) que non consideraban que Marie Paradis fixera alpinismo realmente pois fora "tirada, arrastrada e levada" até á cima.

Henriette d'Angeville fixo alpinismo durante 25 anos e rematou coa subida do Oldenhorn en Les Diablerets nos Alpes Berneses.

Espeleoloxía[editar | editar a fonte]

Ó redor de 1820, e vivindo en Ferney-Voltaire, en Francia, pero ás portas de Xenebra, comeza a interesarse pola espeleoloxía chegando mesmo a fundar un museo de mineraloxía en Lausana.

Locomotora Mademoiselle d'Angeville.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Como homenaxe puxéronlle o seu nome a unha locomotora, "locomotora Mademoiselle d'Angeville" que funcionou no Tranvía do Mont Blanc.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Spécial Centenaire de la Spéléologie, Spelunca, número 31, xullo-setembro 1988

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]