Helvy Tiana Rosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHelvy Tiana Rosa

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de abril de 1970 Editar o valor em Wikidata (54 anos)
Medan, Indonesia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeIndonesia Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoMinangkabau (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade da Indonésia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora Editar o valor em Wikidata
EmpregadorAnnida (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua indonesia Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsAsma Nadia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Instagram: helvytianarosa Editar o valor em Wikidata


Helvy Tiana Rosa, nada en Medan o 2 de abril de 1970, é unha dramaturga e escritora indonesia.[1] É profesora de literatura na Universidade do Estado de Jacarta. En 1997 fundou o Fórum Lingkar Pena para escritores xoves. Foi incluída nunha lista das 500 persoas musulmás máis influentes.[2] A través dos seus textos procura difundir a idea dun estado islámico.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Helvy Tiana Rosa viviu desde nova en Iacarta, onde naceu a súa irmá, a tamén escritora Asma Nadia. Estudou literatura árabe na Universidade de Indonesia, e nesa época empezou a escribir obras de teatro. En 1995 casou con Widanardi Satryatomo.

A través da súa obra Helvy Tiana Rosa explora os temas de conflitos, relixión e os efectos da violencia (en especial contra as mulleres) e migracións na sociedade. Escribiu relatos sobre violacións, asasinatos, mutilación e destrución a mans dos militares indonesios, particularmente os Kopassus.[4]

O seu conto "Jaring-jaring Merah" (As redes vermellas") foi escollido como un dos máis importantes da década de 1990 pola revista Horison. As súas obras foron traducidas ao inglés, alemán, árabe, sueco, xaponés e francés.

Editou a revista islámica para adolescentes Annida.[5]

Obra[editar | editar a fonte]

  • Bukavu (2008).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Diah Ariani Arimbi (2009). Reading Contemporary Indonesian Muslim Women Writers: Representation, Identity and Religion of Muslim Women in Indonesian Fiction. Amsterdam University Press. ISBN 978-90-8964-089-5. 
  2. Helvy Tiana Rosa, Royal Aal al-Bayt Institute for Islamic Thought, Jordan, consultado o 24 de outubro de 2015 (en inglés).
  3. Dewi Candraningrum (2008). The Challenge of Teaching English in Indonesian's Muhammadiyah Universities (1958-2005): Mainstreaming Gender Through Postcolonial Muslim Women Writers. ISBN 978-3-8258-1742-8. 
  4. Caroline Eagling (2011). Socio-Political Issues in Women's Fiction of the Reformasi. University of Tasmania.