Saltar ao contido

Helvella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Helvella é un xénero de fungos ascomicetos da familia Helvellaceae. Estes cogomelos identifícanse polos seus píleos de forma irregular, estipes ocos, e superficies inferiores peludas. Atópanse en América do Norte e Europa. Especies ben coñecidas son a abrancazada H. crispa e a cincenta H. lacunosa. Informouse que causan síntomas gastrointestinais cando se comen crus.[1]

Descrición

[editar | editar a fonte]

As especies de Helvella teñen corpos frutíferos (tecnicamente ascocarpos) que crecen sobre o chan, e xeralmente teñen estipes. Os corpos frutíferos con forma de copa (o apotecio) poden ter diversas formas: poden ter forma de orella (auriculados), ou de sela; pode ser convexa ou con lobos irregulares e dobrados. A superficie que porta as esporas, o himenio, pode ser lisa, ondulada ou engurrada e poden variar en cor de branco a negro ou ter varios tons de gris ou marrón. De xeito similar, a superficie externa dos corpos frutíferos pode ser lisa, con costelas, ou ter proxeccións diminutas parecidas a pelo (villi). O estipe é cilíndrico e vaise adelgazando ou adquirindo canles e costelas. A carne é xeralmente de 1–2 mm de groso.[2]

En setembro de 2023, Species Fungorum rexistraba 159 especies de Helvella:[3]

Especies transferidas

[editar | editar a fonte]

En sete

Refraneiro

[editar | editar a fonte]

En Galicia existe un refrán referido a algúns dos cogomelos do xénero Helvella e outros relacionados que di: "orellos, cuncos e pantorras, escaldas pra que non morras". O nome popular galego da Helvella monachela, Helvella sulcata (para algúns unha variedade de H. lacunosa) e Helvella crispa é orello, á Sascosphaera coronaria chámaselle cunco, e as Morchellas, son as pantorras. Este refrán fai referencia a que xa dende antigo se sabía no rural que estes cogomelos son tóxicos cando están crus.[11]

  1. ↑ Ammirati, Joseph F.; Traquair, James A.; Horgen, Paul A. (1985). Poisonous mushrooms of the northern United States and Canada. Minneapolis: University of Minnesota Press. pp. 259. ISBN 0-8166-1407-5.
  2. ↑ Abbott SP, Currah RS (1997). "The Helvellaceae: systematic revision and occurrence in northern and northwestern North America". Mycotaxon 62: 1–125. doi:10.7939/R3TD9NG3F.
  3. ↑ "Species Fungorum - Search Page". Species Fungorum. Consultado o 2023-09-10.
  4. 1 2 Nguyen NH, Landeros F, Garibay-Orijel R, Hansen K, Vellinga EC (2013). "The Helvella lacunosa species complex in western North America: cryptic species, misapplied names and parasites". Mycologia 105 (5): 1275–86. PMID 23709487. doi:10.3852/12-391.
  5. 1 2 Korf RP (2008). "Nomenclatural notes. 12. Untangling Hedwig's Octospora villosa: Helvella fibrosa comb. nov". Mycotaxon 103: 307–12.
  6. ↑ Filippa M, Baiano G (1999). "Helvella juniperi sp. nov. nuova specie raccolta sul litorale tirrenico" [Helvella juniperi sp. nov. new species collected on the Tyrrhenian coast]. Rivista di Micologia (en italiano) 42 (2): 99–118.
  7. ↑ Landvik, Sara; Kristiansen, Roy; Schumacher, Trond (1999). "Pindara: a miniature Helvella". Mycologia 91 (2): 278–85. JSTOR 3761373. doi:10.2307/3761373.
  8. ↑ Cao JZ, Liu B (1990). "A new species of Helvella from China". Mycologia 82 (5): 642–43. JSTOR 3760054. doi:10.2307/3760054.
  9. ↑ Skrede I, Carlsen T, Schumacher T (2017). "A synopsis of the saddle fungi (Helvella: Ascomycota) in Europe – species delimitation, taxonomy and typification". Persoonia 39: 248. PMC 5832953. PMID 29503476. doi:10.3767/persoonia.2017.39.09.
  10. ↑ Landeros F, Iturriaga T, Guzmán-Dávalos L (2012). "Type studies in Helvella (Pezizales) 1". Mycotaxon (Mycotaxon Publications) 119: 35–63. doi:10.5248/119.35.
  11. ↑ Extraído de http://www.valdeorras.com/micologia Arquivado 17 de outubro de 2008 en Wayback Machine.