Saltar ao contido

Helmut Rizzolli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHelmut Rizzolli
Biografía
Nacemento1940
Bolzano, Provincia autónoma de Bolzano.
Italia Italia.
País de nacionalidadeItaliano.
EducaciónUniversidade de Florencia.
Universidade de Innsbruck.
Tese académicaHistoria das moedas da antiga rexión do Tirol antes de 1363.
Actividade
Campo de traballoNumismática, etnografía, empresa.
Ocupaciónhistoriador, arqueólogo, numismático Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Innsbruck.
Membro de
Fundación Castelos de Bolsano.
Asociación para o Embelecemento e a Protección da Patria de Bolzano-Tirol do Sur.
Familia
FillosThomas Rizzolli. Editar o valor en Wikidata
PaisFranz Rizzolli Editar o valor en Wikidata  e Alberta Pattis Editar o valor en Wikidata
Premios
2021: Medalla Eckhel.


Helmut Rizzolli nado en Bolzano, Trentino-Tirol do Sur, en 1940, é un empresario, numismático e etnógrafo do Tirol do Sur italiano, experto en traxes tradicionais.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Economista e empresario

[editar | editar a fonte]

Helmut Rizzolli naceu en Bolzano en 1940, fillo de Alberta Pattis (1900-1990)[1] e de Felix Rizzolli (1883-1976).[2] Cursou estudos de Historia Económica na Universidade de Florencia, onde entre outros tivo como profesor a Armando Sapori, e nela acadou o seu doutoramento en Economía en 1963.[3][4]

Logo do seu período formativo fíxose cargo do negocio familiar de fabricación de sombreiros e calzado en Bolsano, fundada polo seu avó, Franz Rizzolli, en 1870. En 2000, Helmut Rizzolli traspasoulle a compañía ao seu fillo Thomas. Paralelamente á súa actividade empresarial, ata 1979 impartiu tamén clases de Economía na Handelsoberschule de Bolzano, un instituto de secundaria especializado en economía.[4]

Numismático e etnógrafo

[editar | editar a fonte]

Helmut Rizzolli cursou tamén estudos superiores de Historia na Universidade de Innsbruck, e igualmente acadou en 1988 un doutoramento nesta disciplina, cunha tese acerca da historia das moedas da antiga rexión do Tirol antes de 1363,[5] que foi publicada en 1991.[3][4][6]

Cando en 2000 se viu liberado das súas obrigas empresariais e xa con 60 anos, Rizzolli accedeu a un posto de profesor posdoutoral de Arqueoloxía Medieval e Posmedieval na Universidade de Innsbruck, e focalizou as súas investigacións e os seus estudos nos sistemas monetarios e de cuñaxe monetaria. Redactou daquela unha tese posdoutoral para a súa habilitación como docente nesa universidade, que pasou a se converter no segundo volume do seu dedicado ás moedas tirolesas, este publicado en 2006.[7] O 2 de xullo de 2012, Rizzolli recibiu na Universidade de Innsbruck o título de profesor honorario.[3][4]

Á parte dos mencionados, Helmut Rizzolli publicou numerosos traballos acerca da historia económica e monetaria do Tirol e do norte de Italia. Nas súas publicacións adoita cuestionar os acontecementos históricos e reinterpretalos desde o punto de vista da historia económica.[4]

Ademais da numismática, outro dos focos de interese de Helmut Rizzolli foi a vestimenta dos labregos da antiga rexión tirolesa.[8] En 1985, foi elixido presidente do grupo de traballo "Traxe vivente" dentro da Asociación do Patrimonio do Tirol do Sur.[9] Rizzolli preside igualmente o grupo de traballo "O noso traxe", dedicado á recuperación e á preservación dos traxes folclóricos históricos da rexión do Alto Tirol.[10]

Como presidente da Asociación para o Embelecemento e a Protección da Patria de Bolzano-Tirol do Sur, apoiou a conservación da natureza e da paisaxe arquitectónica desa rexión. En 1995 accedeu á política local dentro do Partido Popular de Tirol do Sur (SVP) e converteuse en concelleiro en Bolsano, encargado da economía durante un lustro e presidente da Comisión de Urbanismo durante 10 anos. Desde ese posto impulsou a restauración dos dous castelos locais, que finalizou, respectivamente, en 2014 e en 2020. En 2007, Rizzolli accedeu á presidencia da Fundación Castelos de Bolzano.[4] Logo da súa retirada da actividade política activa, seguiu a formar parte do comité de coordinación do partido SVP de Bolzano.[11]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Estes son algúns dos traballos monográficos máis representativos publicados por Helmut Rizzolli ao longo da súa traxectoria:

Monografías

[editar | editar a fonte]
  • (1979). Le monete coniate a Merano. Cassa di Risparmio della Provincia di Bolzano.
  • (1991-2006). Münzgeschichte des alttirolerischen Raumes im Mittelalter und Corpus nummorum tirolensium mediaevalium. Bozen Athesia, Merano.
    • (1991). Tomo 1: Die Münzstätten Brixen/Innsbruck, Trient, Lienz und Meran vor 1363. ISBN 9788870146400
    • (2006). Tomo 2: Die Meraner Münzstätte unter den Habsburgern bis 1477 und die Görzische Prägestätte Lienz/Toblach. ISBN 9788882662615
  • (2007). Unsere Trachtenfibel: Leitfaden zum Tragen und Anfertigen unserer Tiroler Volkstrachten. Athesia Spectrum. ISBN 9788860111135
  • (2015). L’area monetaria veronese (con F. Pigozzo). Fondzione Castelli di Bolzano. ISBN 9788868391409
  • (2020). Mensch und Jagd in Alttirol (con H. Aukenthaler). Athesia Buch. ISBN 9788868395056
  • (2021). Mittelalterliches Geld- und Bankwesen zwischen Alpen und Adria. Athesia Verlag. ISBN 9788868395476
  1. "Alberta Rizzolli zum Gedenken". En Dolomiten. Nº 134. 13 de xuño de 1990. Páxina 21.
  2. "Felix Rizzolli zum Gedenken". En Dolomiten. Nº 285. 15 de decembro de 1976.
  3. 3,0 3,1 3,2 "Hon.-Prof. Univ.-Doz. DDr. Helmut Rizzolli". Universität Innsbruck (uibk.ac.at).
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 "Rizzolli, Helmut". Coins Weekly. 29 de xuño de 2016.
  5. Ficha da tese: "Münzgeschichte des alttirolischen Raumes vor dem Auftreten der Rudolfkreuzer und -vierer : Prägungen der Münzstätten Brixen-Innsbruck, Trient, Lienz und Meran". Search.obvsg.at
  6. Véxase "(1991)" en "Publicacións".
  7. Véxase "(2006)" en "Publicacións".
  8. "Die Südtiroler Tracht" (entrevista con Helmut Rizzolli). En Die Baz (DieBaz.com). 16 de marzo de 2018
  9. "Arbeitsgemeinschaft Lebendige Tracht". Heimatpflegeverband Südtirol (hpv.bz.it).
  10. "Unsere Tracht". Unsere-tracht.info
  11. "Kampf um den Stadtobmann". En Salto (Salto.bz). 17 de maio de 2022.
  12. "Eckhel-Medaille". Österreichische Numismatische Gesellschaft (Oeng.at).