Saltar ao contido

Helena Gualinga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHelena Gualinga

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Sumak Helena Sirén Gualinga Editar o valor en Wikidata
27 de febreiro de 2002 Editar o valor en Wikidata (24 anos)
Suecia Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo quechua Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactivista polos dereitos humanos, activista medioambiental Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2019 Editar o valor en Wikidata -
Participou en
Festival de Escritores e Lectores de Ubud 2023 Editar o valor en Wikidata
Familia
PaisAnders H. Sirén Editar o valor en Wikidata  e Noemí Gualinga Editar o valor en Wikidata
IrmánsNina Gualinga Editar o valor en Wikidata
ParentesPatricia Gualinga, tía Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm12474820 Twitter: sumakhelena Instagram: helenagualinga Editar o valor en Wikidata

Sumak Helena Sirén Gualinga, nada o 27 de febreiro de 2002, é unha activista indíxena dos dereitos humanos e medioambientais orixinaria da comunidade kichwa de Sarayaku, en Pastaza, Ecuador.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Helena Gualinga naceu na comunidade Kichwa Sarayaku, na provincia de Pastaza, Ecuador e os seus pais son o finés Anders Sirén, profesor do Departamento de Xeografía e Xeoloxía na Universidade de Turku, e a indíxena ecuatoriana Noemí Gualinga, quen foi presidenta da asociación de mulleres Kiwcha.[1] A súa irmá máis vella é a activista Nina Gualinga, a súa tía é Patricia Gualinga e a súa avoa Cristina Gualinga, mulleres amazónicas que loitaron polos dereitos indíxenas e da súa terra.[1] Helena viviu nos territorios Sarayaku da provincia de Pastaza, e pasou a maior parte da súa adolescencia en Pargas e logo en Turku, na costa suroeste de Finlandia, debido ó vínculo familiar do seu pai. En Turku, estudou na secundaria da Escola Catedral.[1][2]

Dende a súa nenez viu como a súa familia se enfrontou ás grandes compañías petroleiras que chegaron ó seu territorio, feito polo que toda a súa familia foi perseguida por anos.[1][2] O conflito da súa familia contra as grandes corporacións e os gobernantes ecuatorianos volveuse sanguento, onde as principais figuras da súa comunidade perderon a vida.[2]

Activismo

[editar | editar a fonte]

Mentres se realizaba a Cimeira sobre a Acción Climática ONU de 2019, na sede da ONU, en Nova York, Helena protestou nas aforas xunto a centos de rapaces de todo o mundo para expresar a súa preocupación polo cambio climático. Fíxoo sostendo un letreiro que dicía "sangue indíxena, nin unha soa pinga máis".[2][3]

Deforestación da Amazonia en Bolivia, 2016.

O 9 de decembro de 2019, tivo unha intervención na cimeira sobre o cambio climático COP25 en Madrid, España, onde salientou o problema das pretroleiras que interveñen nos territorios indíxenas e manifestou: "Os Gobernos do noso país seguen concesionando os nosos territorios sen o noso consentemento á industria extractiva que está a crear o cambio climático. Isto debería ser criminal".[3] Ademais dixo sentirse descepcionada dos líderes mundiais que non discuten as cousas que son importantes para o pobo indíxena que acudiu á cimeira e criticou ó goberno de Ecuador, quen aínda non deu resposta ó mandato que as mulleres amazónicas lle deron o ano pasado logo de cinco días de protestas na capital.[3]

  1. 1 2 3 4 5 "Helena Gualinga, la adolescente que desde Ecuador eleva su voz por el clima". El Universo (en castelán). 11 de decembro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2019. Consultado o 12 de decembro de 2019.
  2. 1 2 3 4 "Helena Sirén Gualinga, 17, taistelee ilmastonmuutosta vastaan Greta Thunbergin taustalla: "Tämä ei ollut valinta, synnyin tämän keskelle"". Yle Uutiset (en finés). 11 de outubro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 6 de novembro de 2019. Consultado o 12 de decembro de 2019.
  3. 1 2 3 "La adolescente Helena Gualinga, activista del pueblo Sarayaku, arremetió contra el Gobierno de Ecuador en la COP25 de Madrid". El Comercio. 11 de decembro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2019. Consultado o 12 de decembro de 2019.