Saltar ao contido

Helen Hester

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHelen Hester
Biografía
Nacemento1983 Editar o valor en Wikidata (42/43 anos)
Grays Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMedio de comunicación de masas, feminismo e sexualidade Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónactivista, profesora universitaria, media scholar (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de West London Editar o valor en Wikidata
Membro de
Participou en
2026Tabakalera Editar o valor en Wikidata

Twitter: HelenHester Editar o valor en Wikidata

Helen Hester, nada en 1983, é unha filósofa, investigadora, escritora e activista feminista británica. É membro do grupo feminista Laboria Cuboniks.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Hester é profesora na West London University. As súas liñas de traballo e investigación son o tecnofeminismo, os estudos sobre a sexualidade, a tecnoloxía dixital, as teorías de reprodución social e as políticas reprodutivas e o futuro do traballo.[2] É autora de Beyond Explicit: Pornography and the Displacement of Sex, coeditora das coleccións Fat Sex: New Directions in Theory and Activism, e Dea ex Machina, e editora da serie de libros "Sexualities in Society" de Ashgate.

Activista de 'Laboria Cuboniks'

[editar | editar a fonte]

Helen Hester é membro do grupo feminista internacional Laboria Cuboniks, un colectivo de persoas de diferentes ámbitos dos coñecementos: artes plásticas, programación, filosofía, arqueoloxía ou deseño. En 2015 publicou Xenofeminismo. Unha política pola alienación.[3] Neste manifesto defende o xenofeminismo, revisando os proxectos políticos feministas e facendo unha aposta polo uso estratéxico das tecnoloxías existentes para redeseñar por completo o mundo.[4]

Un tema clave para a autora é o tema da reprodución social e o traballo reprodutivo e a súa relación co futuro do noso planeta. O obxectivo de Hester é desenvolver representacións para un "futuro estraño" que non impoñen e condenen a reprodución biolóxica e establezan modelos de reprodución social non reguladores baseados na autonomía corporal e a diversidade sexual que sexan capaces de fomentar vínculos afectivos e de coidado máis aló da filiación sanguínea. Con este traballo Hester amplía o anterior manifesto e articúlao ao redor do aceleracionismo. Segundo ela, a realidade actual vive un proceso rápido en todos os seus ámbitos, especialmente na ciencia e a tecnoloxía. Outras autoras viron anteriormente estes ámbitos como un espazo de emancipación feminista nas súas distintas publicacións: Firestone (1976), Haraway (1995), Plant (1994), Butler (2018, 2017 e 2006) e Preciado (2002, 2008 e 2010). A ruptura do xénero binario e a apertura de corpos, suxeitos e identidades queer non heterocéntricos a outras lecturas son tamén espazos que poden converterse en realidade.

  1. Encendida, La Casa. "Encuentro Con Helen Hester". La Casa Encendida (en castelán). Consultado o 2025-06-22.
  2. Vidal, Clàudia Sánchez (2025-07-14). "Hester, Helen y Srnicek, Nick. (2024). Después del trabajo. Una historia del hogar y la lucha por el tiempo libre (Maximiliano Gonnet, Trad.). Caja Negra Editora, 283 páginas". Las Torres de Lucca. International Journal of Political Philosophy (en castelán) 14 (2): 497–499. ISSN 2255-3827. doi:10.5209/ltdl.99547.
  3. Hester, Helen. Xenofeminismo: una política por la alienación (en español). Laboria Cuboniks. Consultado o 21 de marzo de 2022.
  4. Villaverde, Teresa (2019-02-27). "Xenofeminismo: la tecnología como promesa de emancipación". Pikara Magazine (en castelán). Consultado o 2025-06-22.