Helen Churchill Candee

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Helen Churchill Candee
Helen candee 1901.jpg
Nacemento5 de outubro de 1858
 Nova York
Falecemento23 de agosto de 1949
 York Harbor
NacionalidadeEstados Unidos de América
Ocupaciónxornalista, novelista, escritora, socialite, suffragette e exploradora
editar datos en Wikidata ]

Helen Churchill Candee, nada en Nova York o 5 de outubro de 1858 e finada o 23 de agosto de 1949, foi unha escritora, xornalista, decoradora de interiores, xeógrafa e feminista estadounidense. É coñecida por ser unha das superviventes do naufraxio do RMS Titanic en 1912 e polo seu traballo posterior como escritora e exploradora do sueste asiático.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Helen naceu como Helen Churchill Hungerford, a filla dos comerciantes neoyorkino Henry e Mary Elizabeth (Hungerford) Churchill. Pasou a maior parte da súa mocidade en Connecticut. Casou con Edward Candee de Norwalk, Connecticut con quen tivo dous fillos, Edith e Harold.[1] Despois de que o seu marido abandonara á familia, Helen logrou manter á súa familia como escritora de revistas como Scribner's e The Ladies' Home Journal. Inicialmente escribiu sobre temas acordes coa súa clase social, pero axiña comezou a escribir sobre outros temas como o coidado dos nenos, a educación e os dereitos das mulleres. Durante varios anos residiu en Oklahoma, e as súas historias sobre esa rexión axudaron a alcanzar fama a nivel nacional como xornalista. Candee obtivo o divorcio en 1896, despois dunha longa separación do seu marido.[2]

Carreira[editar | editar a fonte]

Helen Candee foi unha feminista convencida,[3] como demostrou no seu primeiro libro best-seller, How Women May Earn a Living (1900). O seu segundo libro, An Oklahoma Romance (1901), foi unha novela que promovía as posibilidades de establecerse naquela rexión.[4]

Xa consolidada como escritora, Candee mudouse a Washington, D.C., onde converteuse na primeira decoradora de interiores profesional. Entre os seus clientes estaban o secretario de guerra Henry Stimson e o presidente Theodore Roosevelt. O seu libro Decorative Styles and Periods (1906), encarnou os seus principios para o deseño: unha busca histórica coidadosa e absoluta autenticidade.

Mentres permaneceu en Washington, Candee mantivo unha ampla vida social, servindo en varias actividades cívicas e envolvéndose nas políticas demócratas. Entre as súas amizades se encontraba un amplo espectro político, desde o reformista liberal William Jennings Bryan ata a ultra conservadora primeira dama Helen Herron Taft. A súa amizade cos Taft foi duradeira a pesar das súas diferentes opinións sobre os dereitos das mulleres. Tamén mantivo contacto co presidente Theodore Roosevelt e a súa muller. Dous dos encargos máis importantes que tivo durante este período foi precisamente do matrimonio Roosevelt; o primeiro en 1907 consistiu en seleccionar unha parella de cadeiras de estilo Luís XVI para a primeira dama, e o segundo consistiu nun traballo de consultora para o arquitecto Nathan C. Wyeth na reforma da ala oeste da Casa Branca en 1909.[5]

Candee foi membro do comité directivo da Galería de arte Corcoran, así como da sociedade arqueolóxica e da Federación Americana de Arte. Tamén desenvolveu un importante papel na Asociación Nacional do Sufraxio Feminino.

Nos seus primeiros anos como xornalista, Candee escribiu obras de ficción de interese para as mulleres máis tradicionais como Good Housekeeping, Harper's Bazaar, The Ladies' Home Journal, e Woman's Home Companion. Os seus últimos artigos, centrados na arte, cultura e deseño, apareceron en American Homes, American Magazine of Art, e International Studio. Candee tamén colaborou con diversos xornais políticos como Atlantic Monthly, The Century, Forum, Metropolitan, e Scribner's.

Escribiu oito libros –catro deles sobre decoración, dous guías de viaxe, unha novela e unha instrutivo–. O seu maior éxito foi The Tapestry Book (1912), do que publicou varias edicións.

Viaxe no RMS Titanic[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: RMS Titanic.

Candee encontrábase en Europa na primavera de 1912, completando a súa investigación para o seu libro The Tapestry Book, cando recibiu un telegrama da súa filla Edith avisándoa de que o seu fillo Harold ("Harry"), tivera un accidente.[6] Desde París, Candee reservou unha pasaxe para o novo transatlántico de luxo, o RMS Titanic. Na súa viaxe, socializou con outros pasaxeiros de primeira clase como o axudante do presidente William Howard Taft, Archibald Butt, Archibald Gracie IV, e o pintor Francis Davis Millet.

A noite do naufraxio, Candee logrou subir ao bote número 6, pero caeu e rompeu o nocello. Compartiu o bote con Margaret Brown, xunto á que dirixiu os remos da embarcación.[7]

Debido á ruptura do nocello, Candee tivo que empregar muletas durante case un ano. En marzo de 1913, participou na protesta "Votes for Women" que tivo lugar diante da Casa Branca, montada a cabalo na cabeceira da manifestación que rematou no Capitolio.

Primeira guerra mundial e últimos anos[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Primeira guerra mundial.

Durante a primeira guerra mundial, Candee traballou como enfermeira en Roma e Milán baixo os auspicios da Cruz Vermella italiana, que a condecorou polos seus servizos.[8]

Ao rematar a guerra, viaxou ao Xapón, China, Indonesia e Camboxa, onde as súas experiencias foron a base para dous dos seus libros máis célebres: Angkor the Magnificent (1924) e New Journeys in Old Asia (1927). Candee foi recoñecida polo goberno francés e polo Rei de Camboxa por estes traballos.

Angkor the Magnificent foi o primeiro estudo en lingua inglesa sobre as ruínas do templo de Angkor Wat e os seus arredores.[9]

Candee morreu en 1949, aos 90 anos, na súa propiedade de York Harbor en Maine.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Biographical Cyclopedia of U.S. Women (1924)
  2. Linda D. Wilson, "Helen Churchill Candee: Author of an Oklahoma Romance," Chronicles of Oklahoma, 75:414 (1997)
  3. Woman's Who's Who of America (1914)
  4. "An Oklahoma Romance". Pearson's Magazine. 1902 de 1902. pp. 452–53. 
  5. Helen Churchill Candee, Angkor the Magnificent (2008)
  6. Lord, Walter. A Night to Remember. 
  7. Land of Enchantment; Daily Kos member (7 de marzo de 2014). "GFHC: Lady Zelig, Titanic Survivor". Daily Kos. Kos Media. Consultado o 8 March 2014. 
  8. Biographical Cyclopedia of U.S. Women
  9. Helena Daily Independent, Jan. 14, 1927
  10. New York Times, Aug. 24, 1949

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]