Helen Brotherton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Helen Brotherton
Nacemento1914
Falecemento2009 e 6 de agosto de 2009
PremiosBritish Empire Medal e Comandante da Orde do Imperio Británico
editar datos en Wikidata ]

Helen Alice Jane Brotherton, nada o 9 de febreiro de 1914 e finada o 6 de agosto de 2009, foi unha conservacionista inglesa. Foi a fundadora do tratado de conservación de Dorset (Dorser Wildlife Trust).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Helen Brotherton naceu en Harscott, Lincolnshire e criouse en Leamington Spa, filla de Eric e Helen Jakeman Brotherton. Estudou para mestra en Roehampton.[1]

Sinal da Illa Brownsea.

Carreira[editar | editar a fonte]

O seu primeiro traballo como mestra foi en Norwich High School for Girls. Durante a segunda guerra mundial, uniuse ó Servizo de Mulleres Voluntarias, e posteriormente foi a Sick Bays en Warwickshire, polo cal recibiu a Medalla do Imperio Británico en 1943. Despois da guerra, trasladouse a Poole, Dorset, para coidar da súa nai, xa maior. Unha grande observadora de paxaros, foi voluntaria no Grupo de Ornitoloxía de Dorset, e foi a través dese grupo que coñeceu os problemas ambientais de Dorset. Navegou coa súa propia embarcación ata Illa Brownsea para facer exploracións, co apoio da dona exclusiva da illa, Mary Bonham-Christie, mais en contra do veto de acceso público.[2] A comezos da década de 1960, despois da morte Bonham-Christie, Brotherton organizou un grupo para opoñerse ó desenvolvemento da illa Brownsea, xa que ameazaba o hábitat de aves ameazadas. Grazas ós esforzos do seu grupo, o National Trust fíxose propietario de Brownsea, e o grupo desenvolveu a Dorset Wildlife Trust.[3] Helen Brotherton foi a súa primeira e máis lonxeva secretaria. En 1963, foi galardoada polo seu traballo medioambiental.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Michael J. Allen, "Brotherton, Helen Alice Jane (1914–2009)" Oxford Dictionary of National Biography (Oxford University Press, xaneiro de 2013; edición en liña, maio de 2013).
  2. Sophie Campbell, "The Island that was Saved by a Demon" Telegraph Travel (28 de xullo de 2007).
  3. Hester Lacey, "Brownsea-Dorset Island Life" Arquivado 26 de agosto de 2016 en Wayback Machine. Kent Life (19 de febreiro de 2010), consultado o 24 de agosto de 2016
  4. Stephen Moss, "Obituary: Helen Brotherton" The Guardian (30 de agosto de 2009).