Helen B. Taussig

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Helen B. Taussig
Nacemento24 de maio de 1898
Lugar de nacementoCambridge
Falecemento20 de maio de 1986
Lugar de falecementoCondado de Chester
Causaacidente de automóvel
SoterradaMount Auburn Cemetery
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade de Boston, Facultade de Medicina Harvard, Universidade de California en Berkeley, Johns Hopkins School of Medicine, Universidade Johns Hopkins e Buckingham Browne & Nichols School
Ocupacióncardióloga e médica
PremiosNational Women’s Hall of Fame, Medalha Elizabeth Blackwell, Prêmio Lasker-DeBakey de Pesquisa Médico-Clínica, Prêmio Internacional da Fundação Gairdner, Prêmio Antonio Feltrinelli, AMA Scientific Achievement Award, Medalla Presidencial da Liberdade, Carl-Ludwig Honorary Medal, Elizabeth Blackwell Award, Honorary doctor of the University of Vienna, Fellow of the American College of Cardiology, AAAS Fellow, Prêmio E. Mead Johnson e Maryland Women's Hall of Fame
editar datos en Wikidata ]

Helen Brooke Taussig, nada en Cambridge (Massachusetts) o 24 de maio de 1898 e finada en Kennett Square (Pensilvania) o 20 de maio de 1986, foi unha cardióloga estadounidense, que traballou en Baltimore e Boston e fundou o campo da cardioloxía pediátrica. É recoñecida co desenvolvemento do concepto do procedemento que prolongou a vida dos nenos nados con tetraloxía de Fallot (causa máis común da síndrome do bebé azul). Este concepto aplicouse como un procedemento coñecido como shunt de Blalock-Thomas-Taussig. O procedemento foi desenvolvido por Alfred Blalock e Vivien Thomas, colegas de Taussig no Hospital Johns Hopkins.

Taussig era parcialmente xorda debido a unha infección de ouvido na infancia; a principio da súa idade adulta progresou ata a xordeira completa.[1] Para compensar a súa falta de ouvido, aprendeu técnicas de lectura de beizos e de axuda á audición para falar cos seus pacientes. Taussing tamén desenvolveu un método para empregar os seus dedos en lugar dun estetoscopio para sentir o ritmo dos latexos do corazón.[2][3] Algunhas das súas innovacións atribúense á súa habilidade para diagnosticar problemas cardíacos co tacto en lugar de polo son.[2]

Taussig tamén é coñecida polo seu traballo pola prohibición da talidomida e foi amplamente coñecida como médico. Foi a primeira muller directora da American Heart Association, e en 1964 recibiu a Medalla Presidencial da Liberdade.[4]

Na cultura popular[editar | editar a fonte]

No filme de HBO de 2004 Something the Lord Made sobre a vida de Vivien Thomas, a doutora Taussig foi interpretada por Mary Stuart Masterson.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Van Robays, J (2016). "Helen B. Taussig (1898-1986)". Facts, Views & Vision in ObGyn 8 (3): 183–187. ISSN 2032-0418. PMC 5172576. PMID 28003874. 
  2. 2,0 2,1 "Changing the Face of Medicine: Dr. Helen Brooke Taussig". National Library of Medicine. Consultado o 5 de outubro de 2013. 
  3. "Helen Brooke Taussig | American physician". Encyclopedia Britannica (en inglés). Consultado o 2020-02-25. 
  4. Swaby, Rachel. (2015). Headstrong : 52 Women Who Changed Science - and the World. Broadway Books (A Division of Bantam Doubleday Dell Publishing Group Inc). pp. 20–21. ISBN 978-0-553-44679-1. OCLC 903952884. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]