Helí Rolando Tella Cantos
Helí Rolando Tella Cantos | |
---|---|
Nome completo | Helí Rolando de Tella y Cantos |
Nacemento | 14 de setembro de 1888 |
Lugar de nacemento | Gomeán |
Falecemento | 9 de outubro de 1967 |
Lugar de falecemento | Adai |
Nacionalidade | España |
Ocupación | militar, spanish legionary e oficial |
Premios | Cruz Laureada de San Fernando e Medalla Militar |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Helí Rolando Tella Cantos, nado en Gomeán (O Corgo) o 14 de setembro de 1888 e finado en Adai (O Corgo) o 9 de outubro de 1967,[1][2] foi un militar galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Policarpo Tella Uz, labrego acomodado, e Mercedes Cantos Camacho, mestra, que finou en 1901.[3] Ingresou na Academia de Infantería de Toledo en 1907, en 1910 obtivo o despacho de 2º tenente e foi destinado a Marrocos. Participou na Guerra do Rif onde conseguiu varias condecoracións: Medalla Militar Individual (1923) e Cruz Laureada de San Fernando (1925). Ascendido a Tenente Coronel, pertencía ao grupo dos militares africanistas.
Coa instauración da Segunda República Española, mostrou unha aberta hostilidade cara o régime. En 1932 secundou a Sanjurjada e foi desterrado a Villa Cisneros no Sáhara Español, de onde fuxiu. Amnistiado polo goberno Lerroux, mandou o primeiro terzo da Legión. Tivo que refuxiarse no Marrocos francés logo de pronunciar un discurso contra a República nun acto oficial. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi xefe dunha das agrupacións da columna Madrid á ordes de Juan Yagüe. Participou na Batalla de Madrid, liderando os avances na fronte de Usera a as posteriores loitas na Cidade Universitaria. Nestes combates resultou ferido, quedando convalecente durante varios meses. O 17 de abril de 1938 foi ascendido a xeneral de brigada.[4] Mandou unha brigada navarra e participou coa 63 División na campaña de Aragón e Cataluña.
Ao remate da Guerra Civil era xeneral de brigada e o 12 de xullo de 1940 foi nomeado comandante da 81 División.[5] En 1941 foi nomeado gobernador militar de Burgos, cesando o 23 de xaneiro de 1942.[6] Despois foi nomeado gobernador militar de Lugo. Involucrouse en intrigas monárquicas contra Francisco Franco e no ano 1943 foi separado do exército acusado de empregar soldados e prisioneiros de guerra nas obras do seu pazo de Adai e na súa fábrica de fariña. Foi confinado en Albacete e despois en Palencia. De volta en Lugo foi vitima dun atentado que non conseguiu acabar coa súa vida, aínda que dúas persoas resultaron mortas. Conseguiu a representación dunha casa norteamericana e facía continuas viaxes a Madrid. Finou no pazo de Aldai.
Obras[editar | editar a fonte]
- Escuela y patria o la preparación al servicio militar, 1910.
- Evolución de las ideas sobre el empleo táctico y la organización del terreno para el combate, 1928.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou en segundas nupcias con María de la Concepción Cabrera Benito, condesa de Amayuelas, e foi pai de María Cristina Tella Cabrera que casou con Pedro Manuel Díez Ponce de León, IX marqués de Casinas.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ El Pueblo Gallego, 11-10-1967, p. 12.
- ↑ El Progreso, 11-10-1967, p. 2.
- ↑ El Regional, 30-11-1906, p. 3.
- ↑ BOE núm. 543 (17 de abril de 1938)
- ↑ BOE núm. 212 (12 de xullo de 1940)
- ↑ BOE núm. 29 (29 de xaneiro de 1942)
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) III. Bibliófilos Gallegos. p. 402.
- Fernández Santander, Carlos (2000). Alzamiento y guerra civil en Galicia (1936-1939). Sada: Do Castro. pp. 865–867. ISBN 84-7492-951-2.
- Isabel Sánchez, José Luis. Diccionario biográfico electrónico Real Academia da Historia.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- "Heli Rolando de Tella y Cantos" en galegos.info.
- Soto, Juan (20/1/2008). "Se alquila pazo", El Progreso, (en castelán).