Heinz Fengler
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de marzo de 1923. Oranienburg |
Morte | Berlín |
Director de museo Gabinete Numismático de Berlín | |
1973 – 1988 ← Arthur Suhle – Wolfgang Steguweit → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Alemán. |
Q89547790 | Director do Gabinete Numismático de Berlín. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática. |
Ocupación | numismático |
Lingua | Lingua alemá |
Heinz Fengler, nado en Oranienburg, Brandeburgo, o 31 de marzo de 1923 e finado en Berlín o 14 de marzo de 1999, foi un numismático alemán vinculado ao Gabinete Numismático de Berlín.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Heinz Fengler foi un economista que chegou a ser o director administrativo dos Museos Estatais de Berlín Oriental. [1]
Ademais, dedicouse á numismática e neste ámbito presidiu o Comité Central de Numismática na Asociación Cultural da RDA. [1]
En 1973, sucedeu a Arthur Suhle como director do Gabinete Numismático de Berlín. Detrás do seu nomeamento estaba a consideración político-museística dun maior control do Gabinete Numismático, ata daquela non controlado polo SED. No entanto, Fengler dirixiu o museo como unha institución científica relativamente libre. Foi responsable da colección de papel moeda no Gabinete Numismático e comezou a crear unha colección de accións e valores como un novo campo de coleccionismo.[1]
Fengler xubilouse en 1988 e finou en Berlín en 1999.[1]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Esta é unha escolma dos principais traballos monográficos publicados por Heinz Fengler ao longo da súa carreira:.[2]
- (1953). Der Staatshaushalt der Deutschen Demokratischen Republik. Fragen der Planung, Durchführung und Kontrolle. Verlag Die Wirtschaft, Berlín.
- (1961). Die Ansammlung und Verwendung von Rücklagen in der Haushaltswirtschaft der Deutschen Demokratischen Republik. Hochschule für Ökonomie, Berlín.
- (1976). Transpress-Lexikon Numismatik (con G. Gierow e W. Unger). Transpress, Berlín.
- (1976). Die Entwicklung der deutschen Geldscheine. Staatliche Museen, Berlín.
- (1992). Geschichte der deutschen Notenbanken vor Einführung der Mark-Währung. Gietl, Regenstauf. ISBN 978-3-924861-05-6
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Kluge, B. (1999). "Heinz Fengler (1923-1999)". En Numismatisches Nachrichtenblatt, 48. Maio.Páxinas 214-215.
- Weisser, B. (2000) (ed.) Münzkabinett: Menschen, Münzen, Medaillen. Regenstauf. Páxinas 134-135. ISBN 978-3-86646-202-1