Heinrich Daniel Ruhmkorff
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 15 de xaneiro de 1803 Hannover, Alemaña |
| Morte | 20 de decembro de 1877 París, Francia |
| Lugar de sepultura | Cemiterio de Montparnasse |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Tecnoloxía, física, mecánica, tensión eléctrica, Alta tensión eléctrica, historia da tecnoloxía e indutor |
| Lugar de traballo | Londres París |
| Ocupación | físico, inventor, comerciante |
| Premios | |
| Descrito pola fonte | Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Allgemeine Deutsche Biographie |

Heinrich Daniel Ruhmkorff, nado o 15 de xaneiro de 1803 en Hannover e finado o 20 de decembro de 1877 en París, foi un enxeñeiro alemán.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ruhmkorff traballou en Inglaterra con Joseph Bramah, o inventor da presa hidráulica, trasladouse a París en 1830, e en 1855 abriu o seu propio negocio na capital francesa no que construía instrumentos electro-magnéticos, galvanómetros, aparellos de indución executados con gran perfección.
Ruhmkorff inventou a bobina de indución que leva o seu nome, ao primeiro utilizada para usos médicos, foi empregada como xerador de electricidade a alta tensión por físicos como Gustav Kirchhoff ou Heinrich Rudolf Hertz para os seus experimentos coas ondas ou por inventores como Guglielmo Marconi nas súas emisións de radio.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Heinrich Daniel Ruhmkorff |