Heidi Kühn-Bode

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Heidi Kühn-Bode
Nacemento3 de xullo de 1945
 Eching
Falecemento20 de maio de 2020
 A Coruña
NacionalidadeAlemaña
Ocupaciónescritora, tradutora e profesora
Cónxuxesen etiquetar
XénerosNarrativa
Na rede
AELG: 22
editar datos en Wikidata ]

Heidi Kühn-Bode, nada en Eching (Baviera) o 3 de xullo de 1945 e finada na Coruña o 20 de maio de 2020[1], foi unha tradutora e escritora alemá en galego, alemán, castelán e inglés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Kühn-Bode chegou a España nos anos sesenta, primeiro para traballar como tradutora en Bilbao, e despois en Madrid[2]. Alí, durante unha manifestación antifranquista, coñeceu a quen sería seu home, con quen se instalou a vivir na Coruña desde 1968. Na cidade coruñesa deu clase de inglés en colexios da cidade (Compañía de María)[3] e despois foi profesora da escola de idiomas.

Era especialista na obra de Henry James e traduciu ao alemán escolmas de poesía galega.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Emilio Gundín Fandiño, e foi nai de Sonia, Katia e Jenny Gundín Kühn[4].

Obras[editar | editar a fonte]

Literatura infantil-xuvenil[editar | editar a fonte]

  • Fideliño o casteiro, 1991, Bruño.
  • Os mundiños, 2003, Ediciós do Castro.
  • Teatro para contistas. Xogos infantís no escenario, 2003, Baía.
  • Falou un queixo, 2009, Galaxia.
  • Tres mulleres do seu tempo, 2009, Baía.

Narrativa[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Falece Heidi Kühn-Bode aos 74 anos de idade". ErreGueTé. 25 de maio de 2020. 
  2. Omayra Lista (13 de setembro de 2009). "Heidi vive en Galicia". El País (en castelán). 
  3. "Muere a los 74 años la filóloga, escritora e intérprete Heidi Kuhn Bode". La Voz de Galicia. 25/5/2020. p. 36. 
  4. "Heidi Kühn-Bode. Necrolóxica". Pompas Fúnebres Noroeste. Maio de 2020. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 26 de maio de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]