Heian shodan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Heian shodan (en xaponés: 平安初段) é o primeiro kata da serie Heian que foi adaptado para o estilo polo mestre Gichin Funakoshi. Din algúns que mestre Funakoshi aprendera os kata Pinan co seu primeiro mestre, Anko Asato, outros din que aprendera con Kenwa Mabuni, que fora alumno de Anko Itosu, que foi quen creou de facto os kata. De todas sortes, a premisa establecida polo creador foi mantida, é dicir, a serie debería ser unha forma máis doada de aprendizaxe do karate, polo que son coñecidas no currículo do estilo Shotokan como os primeiros kata. Eventualmente, foron creadas formas máis sinxelas, Taikyoku e Ten no kata. Os movementos e posturas foran cambiados, coa finalidade de adecuarse ó estilo, e tamén foi cambiada a orde da serie, pois o que era o Pinan nidan pasou a ser Heian shodan.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Joe Swift. "Channan: The "Lost" Kata of Itosu?" (en inglés). Consultado o 2 de agosto de 2016. 
  2. Iain Abernethy (13 de abril de 2010). "Brief history of the Pinan / Heian Katas" (en inglés). Consultado o 2 de agosto de 2016. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre artes marciais é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.