Saltar ao contido

Heartstopper

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Heartstopper
 Título
    Heartstopper (en) Editar o valor en Wikidata
Logotipo
 Instancia de
Características
 Cor
 Formato de distribución
 Baseado en
 Obra derivada
 Lingua orixinal
Implicados
 Creador/a
 Produtor/a
 Produtor/a executivo
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Elenco de dobraxe
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
 Emisora orixinal
Datas
 Data de comezo
22 de abril de 2022 Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
17 de xullo de 2026 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Sucedido por
 Premios e distincións
Cifras e dimensións
 Número de episodios
   25 (2024) Editar o valor en Wikidata
 Número de tempadas
   3 Editar o valor en Wikidata
 Formato imaxe
   2,39:1 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Fontes e ligazóns
IMDB: tt10638036 Allocine: 28225 Rottentomatoes: tv/heartstopper Metacritic: tv/heartstopper
Instagram: heartstoppertv Netlix: 81059939 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Heartstopper, que se podería traducir en galego como Parador-de-corazóns, é unha serie de televisión británica de Netflix. É unha adaptación da novela gráfica homónima de Alice Oseman. A serie foi escrita pola propia Oseman, e conta a historia de Charlie Spring (Joe Locke), un estudante de secundaria homosexual que se namora do seu compañeiro Nick Nelson (Kit Connor), que senta ao pé del na clase. Tamén explora as vidas de Tao (William Gao), Elle (Yasmin Finney), Tara (Corinna Brown) e Darcy (Kizzy Edgell).

Os dereitos de televisión da serie foron adquiridos por See-Saw Films en 2019, e Netflix mercou os dereitos de distribución en 2021. Euros Lyn é o director da serie. A rodaxe da primeira tempada produciuse dende abril até xuño dese ano. Varias cancións preexistentes foron utilizadas como banda sonora da serie ademais dunha partitura orixinal de Adiescar Chase. Os estilos cinematográficos e a gradación de cores planificáronse de antemán para darlle á serie unha elegancia atmosférica, amplificada polo uso da animación tradicional adaptada do material orixinal.

Heartstopper estreouse o 22 de abril de 2022. Recibiu aclamación da crítica, en particular polo seu ton e ritmo, así como pola súa representación da comunidade LGBT. Gañou popularidade instantaneamente, e situouse entre as 10 mellores series inglesas de Netflix en só dous días. Tamén provocou o aumento da sona das novelas gráficas, así como das cancións da serie. Isto acabou levando por exemplo a que en setembro de 2024 se publicase a tradución galega de Heartstopper (Xerais).

O 20 de maio de 2022, anunciouse que Heartstopper tería unha segunda e terceira tempadas.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Despois da estrea da serie, o primeiro volume da novela gráfica de Oseman, Heartstopper, converteuse no máis vendido libro xuvenil do Reino Unido.[1] As cancións que aparecen na serie recibiron grandes aumentos nas vendas e nas emisións das listas. As cancións da banda sonora que aumentaron as vendas das listas en comparación coa semana anterior incluíron "Want Me" e "Dover Beach" de Baby Queen, "Why Am I Like This" de Orla Gartland e "I Belong In Your Arms" de Chairlift.[2]

  1. O'Brien, Kiera (2022-04-29). "Children's: Heartstopper beats a path to the top". The Bookseller (en inglés). Consultado o 2022-04-29.
  2. Griffiths, George (2022-05-02). "Heartstopper: Tracks by Baby Queen, Chvrches, Shura and Orla Gartland receive major sales uplift thanks to Netflix hit". Official Charts (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 8 May 2022. Consultado o 2022-05-08.