He Pingping

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

He Pingping, nado o 13 de xullo de 1988 e finado en Roma o 13 de marzo de 2010, foi un home chinés que foi oficialmente nomeado polo Libro Guinness dos Récords como o home máis baixo do mundo capaz de andar[1]. Aos vinte anos medía 73 centímetros de altura. Foi o terceiro fillo dunha familia en Huade, Wulanchabu, na Rexión Autónoma da Mongolia Interior, no norte da China.

Notas[editar | editar a fonte]