Hayley Kiyoko
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de abril de 1991 (33 anos) Os Ánxeles, Estados Unidos de América |
Educación | Agoura High School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Actuación, canto, letra e Escrita creativa e profesional |
Ocupación | cantante, bailarina, produtora de televisión, compositora de cancións, actriz de televisión, actriz de dobraxe, actriz de cinema, compositora, cantautora |
Período de actividade | 2007 - |
Xénero artístico | Música pop |
Instrumento | Guitarra e voz |
Selo discográfico | Atlantic Records Empire Distribution (en) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Páxina web | hayleykiyokoofficial.com |
|
Hayley Kiyoko Alcroft, nada nos Ánxeles (California) o 3 de abril de 1991, é unha cantante, actriz, compositora e modelo estadounidense. É coñecida por interpretar a Velma Dinkley nas dúas únicas películas para a televisión da serie Scooby-Doo, a Stevie Nichols en Wizards of Waverly Place e a Stella Yamada en Lemonade Mouth.
Interpretou o papel da detective Raven Ramirez para a serie de televisión CSI: Cyber. E tivo un papel principal na serie spin-off para a web de The Fosters.
Actualmente concéntrase na súa carreira como cantante solista despois de pertencer ao grupo de pop estadounidense, The Stunners. Publicou tres EP's como solista ao longo da súa carreira: A Belle to Remember (2013), This Side of Paradise (2015) e Citrine (2016). Estudou no Perú.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É de ascendencia xaponesa, inglesa e escocesa.[1] Na secundaria, desempeñou o posto de presidenta do consello estudantil e vicepresidenta. Tamén fundou o step team pola súa secundaria.[2] Despois de graduarse, foi aceptada na Escola Clive Davis de Recorded Music na universidade de Nova York. En 2017 referiuse a si mesma como unha muller homosexual na revista Elle, referindo un ano antes a súa decisión de reflectilo na súa música e nos seus vídeos musicais en Paper, co obxectivo de visibilizar e normalizar todo tipo de amor.[3][4][5][6]
Carreira
[editar | editar a fonte]Apareceu na serie Unfabulous e en Wizards of Waverly Place como Stevie Nichols. Interpretou a Velma Dinkley nas películas Scooby-Doo: O misterio comeza e Scooby-Doo: A maldición do Monstro do Lago. Tamén interpretou a Stella Yamada na película de Disney Channel, Lemonade Mouth, onde interpretou as cancións «Here We Go», «More Than a Band» e «Breakthrough» pertencentes á banda sonora da película.[7]
Ademais apareceu en comerciais nacionais, incluíndo GM OnStar, Slim Jim e Cinnamon Crunch Toast.[8]
Foi membro do grupo feminino de pop estadounidense The Stunners, formado polo músico Colleen "Vitamina C" Fitzpatrick.[9] Interpretaban a súa música nos clubs da zona de Os Ánxeles.[10] O grupo foi abreconcertos de My World Tour de Justin Bieber no verán de 2010 e posteriormente separouse.[9][11]
Así mesmo, é cantante solista; lanzou o seu primeiro EP A Belle to Remember o 12 de marzo de 2013 e o vídeo musical da canción do mesmo nome foi lanzado o 8 de xullo de 2013. O 3 de febreiro de 2015 lanzou o seu segundo EP, This Side of Paradise, e o videoclip da canción homónima foi lanzado o 12 de decembro de 2014. O seu terceiro EP Citrine viu a luz o 30 de setembro de 2016. En 2017 apareceron dous vídeos musicais de cancións que non se inclúen en ningún dos EP: "Sleepover" e "Feelings" (19 de outubro de 2017), cuxo impacto foi notorio, xa que alcanzou o millón de visualizaciones ao tres días da súa publicación en YouTube. O 21 de decembro de 2017, Hayley anunciou o seu álbum debut titulado "Expectations".
Ademais, desde 2014 aparece na serie CSI: Cyber interpretando á especialista técnica Raven Ramírez.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Películas
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
2007 | Blades of Glory | Bailarina | Cameo |
2009 | Scooby-Doo: O misterio comeza | Velma Dinkley | Protagonista |
2011 | Scooby-Doo: A maldición do Monstro do Lago | Protagonista | |
Lemonade Mouth | Stella Yamada | Protagonista | |
2012 | Blue Lagoon: The Awakening | Helen | Secundario |
Adrift | Jess | Curtametraxe | |
2014 | Hello, My Name Is Frank | Alisa | Protagonista |
2015 | Jem and the Holograms | Aja Leith | Protagonista |
Insidious: Chapter 3 | Maggie | Secundario | |
2016 | XOXO | Shannie | Protagonista |
Series de televisión
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
2007 | Unfabulous | Bailarina | 2 episodios |
All Grown Up! | Kimi Finster | 1 episodio | |
2010 | Wizards of Waverly Place | Stevie Nichols | 4 episodios |
2011 | Zeke & Luther | Susie Vandelintzer | 1 episodio |
2013 | The Vampire Diaries | Megan King | 1 episodio |
2014 | The Fosters | Gabi | 5 episodios |
2015 — 2016 | CSI: Cyber | Raven Ramírez | 31 episodios |
Discografía
[editar | editar a fonte]Sinxelos
[editar | editar a fonte]EPs
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]- 2018 — Expectations
Vídeos musicais
[editar | editar a fonte]Ano | Título |
---|---|
2013 | A Belle to Remember (EP) |
2015 | This Side of Paradise (EP) |
Rich Youth (EP) | |
Girls Like Girls (EP) | |
Cliffs Edges (EP) | |
2016 | Gravel to tempo |
One Bad Night (EP) | |
2017 | SLEEPOVER |
Feelings | |
2018 | Curious |
What i need ft. Kehlani. |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Disney Starlet Hayley Kiyoko on Keeping Grounded in Hollywood Por Nalea J. Ko, Pacific Citizen, 9 de maio de 2011
- ↑ "Hayley Kiyoko | Fandango Chile". Consultado o 7 de novembro de 2018.
- ↑ "Exclusive Interview: Hayley Kiyoko on Her 'Insecure' Guest Role". ELLE (en inglés). 14 de agosto de 2017. Consultado o 24 de outubro de 2017.
- ↑ "Hayley Kiyoko Finds Her Voice". PAPERMAG (en inglés). 12 de decembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2019. Consultado o 24 de outubro de 2017.
- ↑ "If You've Ever Had A Crush, You're Going To Have Some Feelings About Hayley Kiyoko's New Single". BuzzFeed (en inglés). Consultado o 24 de outubro de 2017.
- ↑ "Hayley Kiyoko – Citrine". Starry Constellation Magazine (en inglés). 6 de outubro de 2016. Consultado o 24 de outubro de 2017.
- ↑ "HAYLEY KIYOKO "Stella Yamada"". Disney Channel Medianet. Consultado o 30 de abril de 2011.
- ↑ "PR: Warner Premiere & Cartoon Network to Release Live-Action SCOOBY-DOO Prequel". 1 de agosto de 2008. Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2009. Consultado o 11 de novembro de 2009.
- ↑ 9,0 9,1 "ROCK OF ASIAN: Hayley Kiyoko, Star Of The Disney Channel’s Forthcoming lemonade mouth". racialicious.com. 14 de xaneiro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2011. Consultado o 23 de abril de 2011.
- ↑ "PR: Warner Premiere & Cartoon Network to Release Live-Action SCOOBY-DOO Prequel". J.Bee NP Publishing, Ltd. 24 de xullo de 2008. Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2016. Consultado o 11 de novembro de 2009.
- ↑ "The Lying Game’s Allie Gonino Dishes on Her New Role, Makeup Tricks & Shoe Splurging". Elle Girl. 12 de agosto de 2011. Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2011. Consultado o 24 de setembro de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hayley Kiyoko |