Hawa Jande Golakai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Hawa Jande Golakai
Nacemento1979
 Frankfurt
NacionalidadeLiberia
Alma máterUniversidade de Cidade do Cabo e Universidade de Stellenbosch
Ocupaciónnovelista, escritora de non ficción e immunóloga
editar datos en Wikidata ]

Hawa Jande Golakai, nada en Frankfurt (Alemaña) en 1979, é unha científica e escritora liberiana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Golakai pasou a súa infancia en Liberia.[1] Deixou o país como refuxiada durante a primeira guerra civil liberiana. Foi vivir a Cidade do Cabo (Suráfrica) coa intención de estudar Medicina[2] Graduouse en Ciencias pola Universidade de Cidade do Cabo en 2005, especializándose en bioloxía celular e molecular.[3]. Fixo un mestrado na Universidade de Stellenbosch en 2008[4], e despois comezou a traballar nesa universidade no departamento de Ciencias Biomédicas.[5] Traballa como inmunóloga clínica, e realizou estudos sobre a tuberculose e o VIH.[3]

Escritora[editar | editar a fonte]

A súa primeira novela, The Lazarus Effect, foi finalista en 2011 do Premio de ficción Sunday Times e do Premio de debut da Universidade de Johannesburgo, e foi seleccionada para o Premio Wole Soyinka de Literatura en Africa.[6] A súa segunda novela, The Score, foi publicada en 2015.

En 2016 publicou o texto "Fugee",[7], un relato autobiográfico sobre a crise do virus do ébola en Liberia, escolmado na antoloxía Safe House: Explorations in Creative Nonfiction, editado por Ellah Wakatama Allfrey e publicado por Cassava Republic Press co patrocinio de Commonwealth Writers.[8] Foi xurado en varios certames, como o programa Writivism en 2015,[9], o Premio de Ficción Etisalat Flash en 2015[10] e o Premio de relato do día de África 2016.[11]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En abril de 2014 foi seleccionada como unha das 39 escritoras e escritores da África subsahariana menores de 40 anos máis prometedoras, no proxecto Africa39, dentro do Hay Festival[12], e foi incluída na antoloxía Africa39: New Writing from Africa South of the Sahara, editada por Ellah Allfrey.[13][14][15] [16][17]

Obra publicada[editar | editar a fonte]

  • The Lazarus Effect (Kwela Books, 2011)
  • "Fugee", en Safe House: Explorations in Creative Nonfiction (Cassava Republic Press, 2016)
  • "Candy Girl" en Valentine's Day Anthology 2015 (Ankara Press, 2015)
  • The Score (Kwela Books, 2015)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Safe House: Exploring Creative Non-Fiction from Africa". Africa Writes. 31 de maio de 2016. Consultado o 31 de outubro de 2016. 
  2. Akinwotu, E. (9 de xuño de 2016). "Hawa Golakai: the Liberian scientist turned cult crime writer". The Guardian. Consultado o 31 de outubro de 2016. 
  3. 3,0 3,1 Kamara, M.. "Interview with Hawa Golakai, Author, The Lazarus Effect". Liberian Observer. Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2016. Consultado o 31 de outubro de 2016. 
  4. Golakai, H. J. (2008). "Identification of immune correlates of natural protection against tuberculosis in a population with a high incidence of latent infection". scholar.sun.ac.za. Consultado o 31 de outubro de 2016. 
  5. von Klemperer, M. (20 de marzo 2014). "Exploring the African diaspora". The Witness. Consultado o 31 de outubro de 2016. 
  6. "Hay Festival". www.hayfestival.com. Consultado o 5 de xuño de 2016. 
  7. Einehi, Edoro (2 de maio de 2016). "'I am Liberian, Not a virus' | Hawa Jande Golakai's Granta Essay is a Dazzling Read". Brittle Paper (en inglés). Consultado o 5 de xuño de 2016. 
  8. "Cassava Republic Press — Safe House". www.cassavarepublic.biz. Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2016. Consultado o 5 de xuño de 2016. 
  9. "2015 Writivism Mentors". Writivism. 30 de outubro de 2014. Consultado o 9 de xuño de 2016. 
  10. Oyewole, Nurudeen (20 de setembro de 2015). "Etisalat rolls out goodies for flash fiction prize, name judges". Daily Trust. Trust Media Ltd. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2016. Consultado o 9 de xuño de 2016. 
  11. "The SSDA Prize". Short Story Day Africa. Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2016. Consultado o 9 June 2016. 
  12. Busby, M. (10 de abril de 2014). "Africa39: How we chose the writers for Port Harcourt World Book Capital 2014". The Guardian (en inglés). 
  13. "Africa39 list of artists". Hay Festival. 
  14. Carpenter, C. (8 de abril de 2014). "Africa39 list of promising writers revealed". The Bookseller. 
  15. "Africa39 Authors Biographies" (PDF). Hay Festival. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de novembro de 2016. Consultado o 01 de agosto de 2019. 
  16. Forbes, Malcolm. "Continental drift: Africa39, an anthology of writing from south of the Sahara, is too good to miss". thenational.ae. Consultado o 1 de novembro de 2016. 
  17. "HJ Golakai One of Africa’s Top 39 Writers under 40" Arquivado 10 de xullo de 2019 en Wayback Machine., Daily Observer (Liberia), 27 de abril de 2014.