Saltar ao contido

Hattrick (videoxogo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Hattrick

Tipovideoxogo e sitio web Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticovideoxogo multixogador masivo en liña e videoxogo de fútbol Editar o valor en Wikidata
Modo de xogoxogo multixogador en liña Editar o valor en Wikidata
Publicación
País orixeSuecia Editar o valor en Wikidata
Distribuidor/aGoogle Play Editar o valor en Wikidata
Plataformanavegador web Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBhattrick.org Editar o valor en Wikidata
RedesFacebook: Hattrick Twitter: hattrick_org Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Hattrick é un videoxogo en liña de balde, pertencente á compañía ExtraLives AB, creado en Suecia por Björn Holmér, o 30 de agosto de 1997.

Características

[editar | editar a fonte]

Trátase dun xogo no que o usuario administra o seu propio club de fútbol. Actualmente composto por 124 ligas nacionais, traducido a 43 idiomas, entre eles o galego (até o 20 de febreiro de 2009) e con case 988.000 adestradores e equipos de todo o mundo. Combina a xestión económica, a estratexia deportiva e a diversión.

Se ben todos os contidos son de balde, existen engadidos estatísticos ou pequenos trebellos que requiren o aboamento dunha cota temporal, facendo do usuario un supporter, non obstante, estes extras non supoñen vantaxe ningunha para o xogo respecto ao resto dos xogadores, senón o acceso a toda unha serie de funcionalidades accesorias (p. ex., escudo de equipo, notas de prensa, estatísticas, favoritos, federacións, ver a faciana dos xogadores...).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]