Hattie McDaniel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hattie McDaniel
1941hattie.jpg
McDaniel en 1941
Nacemento 10 de xuño de 1895
Lugar Wichita, Kansas
Falecemento 26 de outubro de 1952
Lugar Os Ánxeles, California
Causa Cancro de mama
Soterrado Hollywood Forever Cemetery
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Etnia Afroamericano
Cónxuxe(s) George Langford (1922–1922)
Howard Hickman (1938–1938)
James Lloyd Crawford (1941–1945)
Larry Williams (1949–1950)
Profesión Actriz
editar datos en Wikidata ]

Hattie McDaniel, nada en Wichita (Kansas) o 10 de xuño de 1895 e finada nos Ánxeles (California) o 26 de outubro e 1952 foi unha actriz e cantante estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla de antigos esclavos, foi a máis nova de trece irmáns. O seu pai, Henry McDaniel, loitou na guerra civil americana e a súa nai, Susan Holbert, era cantante de música relixiosa. Tras participar no espectáculo do seu irmán Otis, comezou a destacar a partir de 1920, aparecendo no grupo Melody Hounds do profesor George Morrison. A mediados da década comezou tamén unha carreira como cantante na radio.

Tralo crac de 1929 o único traballo que atopou foi o de limpadora e camareira no Club Madrid en Milwaukee. Alí puido finalmente volver a subir ao escenario. En 1931 marchou aos Ánxeles para reunirse cos seus irmáns Sam, Etta e Orlena, mais só puido traballar como cociñeira e asistenta ata que o programa de radio no que estaba o seu irmán Sam, The Optimistic Do-Nut Hour, a contratou como actriz. Interpretaba a "Hi-Hat Hattie", unha criada mandona que adoita “esquecer o seu sitio”. O programa chegou a ser moi popular, pero o seu salario era tan baixo que tiña que continuar traballando de asistenta.

Debutou no cinema en The Golden West (1932) e en 1934 ingresou na Screen Actors Guild (SAG), recibindo cada vez máis atención e papeis máis longos. Porén, tamén recibiu críticas da comunidade negar polos papeis que aceptaba e pola súa decisión de buscar traballos de forma agresiva.

Cenotafio no Hollywood Cemetery.

A busca da actriz para interpretar a Mammy en Foise co vento estaba a ser case tan intensa como a de Scarlett O’Hara, e mesmo Eleanor Roosevelt escribiu a David O. Selznick para que contratase a súa asistenta, Elizabeth McDuffie.[1] McDaniel non tiña esperanzas pola súa reputación como actriz cómica, pero foi á audición vestida de criada e conseguiu o papel.[2] A estrea do filme foi o 15 de decembro de 1939 en Atlanta e os actores negros foron excluídos do acto, dos programas e dos carteis. Selznick intentou que lle permitisen a asistencia a McDaniel, pero a Metro-Goldwyn-Mayer desaconsellouno por mor das leis de segregación de Xeorxia. Clark Gable, amigo de McDaniel, ameazou con boicotear a estrea se ela non ía, pero McDaniel convenceuno de que asistise de todas as formas.[2]

McDaniel gañou o Oscar á mellor actriz secundaria por este papel, converténdoa na primeira persoa negra en gañar un Oscar (e mesmo a primeira en ser candidata). Porén, na cerimonia tivo que sentar separada, nunha mesa para dúas persoas, apartada do resto do equipo do filme e dos membros da industria.[3]

Durante os anos seguintes, McDaniel continuou traballando no cinema, na radio e na televisión, chegando a ser a primeira persoa negra que protagonizou o seu propio programa de radio, a comedia Beulah. O programa pasou en 1951 á televisión, pero foi controvertido e mesmo o exército dos Estados Unidos deixou de emitilo en Asia porque moitos soldados consideraban que perpetuaban estereotipos raciais negativos, que non tiñan que ver coas habilidades das tropas negras para levar a cabo as súas misións.[4] Despois de rodar uns poucos episodios a McDaniel diagnosticáronlle cancro de mama e tivo que ser substituída na serie. Faleceu en 1952 aos 57 anos.

No seu testamento McDaniel escribiu que desexaba ser enterrada no Hollywood Cemetery,[5] pero o cemiterio rexeitouna pola súa raza, polo que foi soterrada na súa segunda opción, o Angelus-Rosedale Cemetery. En 1999 Tyler Cassidy, novo dono do Hollywood Cemetery ofreceu mover os seus restos ao cemiterio, pero a súa familia declinou a oferta. Porén, construíuse un gran cenotafio que se converteu nunha atracción turística.[6]

Filmografía[editar | editar a fonte]

  • The Golden West (1932)
  • Love Bound (1932)
  • Impatient Maiden (1932)
  • Are You Listening? (1932)
  • The Washington Masquerade (1932)
  • The Boiling Point (1932)
  • Crooner (1932)
  • Blonde Venus (1932)
  • Hypnotized (1932)
  • Hello, Sister (1933)
  • I'm No Angel (1933)
  • Merry Wives of Reno (1934)
  • Operator 13 (1934)
  • King Kelly of the U.S.A. (1934)
  • Judge Priest (1934)
  • Flirtation (1934)
  • Lost in the Stratosphere (1934)
  • Babbitt (1934)
  • Little Men (1934)
  • The Little Colonel (1935)
  • Transient Lady (1935)
  • Traveling Saleslady (1935)
  • China Seas (1935)
  • Alice Adams (1935)
  • Murder by Television (1935)
  • Harmony Lane (1935)
  • Music Is Magic (1935)
  • Another Face (1935)
  • We're Only Human (1935)
  • Can This Be Dixie? (1936)
  • Next Time We Love (1936)
  • The First Baby (1936)
  • The Singing Kid (1936)
  • Gentle Julia (1936)
  • Show Boat (1936)
  • High Tension (1936)
  • The Bride Walks Out (1936)
  • Postal Inspector (1936)
  • Star for a Night (1936)
  • Valiant Is the Word for Carrie (1936)
  • Libeled Lady (1936)
  • Reunion (1936)
  • Mississippi Moods (1937)
  • Racing Lady (1937)
  • Don't Tell the Wife (1937)
  • The Crime Nobody Saw (1937)
  • The Wildcatter (1937)
  • Saratoga (1937)
  • Stella Dallas (1937)
  • Sky Racket (1937)
  • Over the Goal (1937)
  • Merry Go Round of 1938 (1937)
  • Nothing Sacred (1937)
  • 45 Fathers (1937)
  • Quick Money (1937)
  • True Confession (1937)
  • Battle of Broadway (1938)
  • Vivacious Lady (1938)
  • The Shopworn Angel (1938)
  • Carefree (1938)
  • The Mad Miss Manton (1938)
  • The Shining Hour (1938)
  • Everybody's Baby (1939)
  • Zenobia (1939)
  • Foise co vento (1939)
  • Maryland (1940)
  • The Great Lie (1941)
  • Affectionately Yours (1941)
  • They Died with Their Boots On (1941)
  • The Male Animal (1942)
  • In This Our Life (1942)
  • George Washington Slept Here (1942)
  • Johnny Come Lately (1943)
  • Thank Your Lucky Stars (1943)
  • Since You Went Away (1944)
  • Janie (1944)
  • Three Is a Family (1944)
  • Hi, Beautiful (1944)
  • Janie Gets Married (1946)
  • Margie (1946)
  • Never Say Goodbye (1946)
  • Song of the South (1946)
  • The Flame (1947)
  • Mickey (1948)
  • Family Honeymoon (1949)
  • The Big Wheel (1949)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Watts, Jill. Hattie McDaniel: Black Ambition, White Hollywood, Harper Collins, 2005, p. 151.
  2. 2,0 2,1 Harris, Warren G. (2002). Harmony, ed. Clark Gable: A Biography. ISBN 0-307-23714-1. 
  3. W. Burlette Carter, "Finding the Oscar", pp. 115–16, citing Photograph of Guests at 12th Academy of Motion Picture Arts & Sciences Awards Banquet (1939) in Margaret Herrick Library, Special Collections
  4. Milton A. Smith, "Offensive to GIs, Banned: Army Drops ‘Beulah’ Show Taken Off Air After Fighters Complain", Balt. Afro-American, 17 de febreiro de 1951
  5. Associated Press, First black to win Oscar to get part of final wish, The Frederick Post, Frederick, MD, Monday, 25 de outubro de 1999.
  6. Cemeteryguide.com, ed. (24 de outubro de 1952). "The Memorial to Actress Hattie McDaniel at Hollywood Forever Memorial Park". Consultado o 25 de xullo de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Hopper, Hedda. "Hattie Hates Nobody". Chicago Sunday Tribune, 1947.
  • Jackson, Carlton. Hattie: The Life of Hattie McDaniel. Lanham, MD: Madison Books, 1990. ISBN 1-56833-004-9
  • Mitchell, Lisa. "More Than a Mammy". Hollywood Studio Magazine, abril de 1979.
  • Salamon, Julie. "The Courage to Rise Above Mammyness". New York Times, 6 de agosto de 2001.
  • Watts, Jill. Hattie McDaniel: Black Ambition, White Hollywood. New York, NY: HarperCollins, 2005. ISBN 0-06-051490-6
  • Young, Al. "I’d Rather Play a Maid Than Be One". New York Times, 15 de outubro de 1989.
  • Zeigler, Ronny. "Hattie McDaniel: ‘(I’d)... rather play a maid.’" N.Y. Amsterdam News, 28 de abril de 1979.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]