Saltar ao contido

Hartford Whalers

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hartford Whalers
Fundación1972
Desaparición1997 (trasladouse a Raleigh)
Cidade Hartford
Connecticut
Estados Unidos de América Estados Unidos
EstadioHartford Civic Center
LigaWorld Hockey Association (1972-1979)
National Hockey League (1979-1997)
ConferenciaLeste
DivisiónNortheast
Campionatos1 (WHA)
Afiliado(s)Springfield Falcons (AHL)
Richmond Renegades (ECHL)
CoresAzul mariño, verde, prateado, branco
                       

Os Hartford Whalers foron un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Hartford, Connecticut (Estados Unidos). Os Whalers xogaron na World Hockey Association (WHA) entre 1972 e 1979, e na National Hockey League (NHL) entre 1979 e 1997. A franquía foi trasladada a Raleigh (Carolina do Norte, Estados Unidos) e mudou o seu nome polo de Carolina Hurricanes na tempada tempada 1997-98.

Nas súas 25 tempadas de historia, o maior logro dos Whalers chegou na tempada 1972-73, cando o equipo de Connecticut alzou o Avco World Trophy como campión da WHA. Das 18 tempadas que o equipo competiu na NHL, tan só en sete delas disputou os play-offs, chegando unha vez ás finais de división na tempada 1985-86, na que caeu fronte os Montreal Canadiens.