Saltar ao contido

Harry C. Oberholser

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHarry C. Oberholser

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de xuño de 1870 Editar o valor en Wikidata
Brooklyn Editar o valor en Wikidata
Morte25 de decembro de 1963 Editar o valor en Wikidata (93 anos)
Cleveland Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaGlendale Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Columbia
Universidade George Washington Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoOrnitoloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónornitólogo, profesor universitario, zoólogo, biólogo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUnited States Fish and Wildlife Service (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaOberholser Editar o valor en Wikidata

Find a Grave: 85484398 Editar o valor en Wikidata

Harry Church Oberholser, nado o 25 de xuño de 1870 en Brooklin, Nova York, e finado o 25 de decembro de 1963 en Cleveland, Ohio, foi un ornitólogo estadounidense.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Harry Oberholser naceu o 25 de xuño de 1870, en Brooklyn, Nova York. Asistiu á Universidade de Columbia e obtivo en 1914 títulos na George Washington University. Casou con Mary Forrest Smith o 30 de xuño de 1914. Oberholser recibiu o doutoramento en 1916.[1]

Desde 1895 a 1941, foi empregado do United States Bureau of Biological Survey (Oficina de Investigación Biolóxica dos Estados Unidos) (máis tarde United States Fish and Wildlife Service (Servizo de Peixes e Vida Silvestre dos Estados Unidos) como ornitólogo, biólogo e editor.[1]

En 1941 foi nomeado conservador de ornitoloxía no Museo de Historia Natural de Cleveland.[1]

Oberholser foi o autor de varios libros e artigos. Morreu o 25 de decembro de 1963.[1]

Taxons descritos

[editar | editar a fonte]

A Oberholser débense as primeiras descricións de once familias e subfamilias na clasificación biolóxica, así como 99 xéneros e subxéneros, e 560 especies e subespecies.

Algúns xéneros descritos por Oberholser

[editar | editar a fonte]

Algunhas especies descritas por Oberholser

[editar | editar a fonte]

Empidonax oberholseri, un paseriforme da familia dos tiránidos, foi nomeado na súa honra.[1]

Abreviatura

[editar | editar a fonte]

A abreviatura Oberholser emprégase para recoñecer a Harry Church Oberholser como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

  1. 1 2 3 4 5 Biografía Arquivado 17 de decembro de 2014 en Wayback Machine..

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Handbook of Texas: Bibliography: Austin American-Statesman, 29 de setembro de 1974. Who's Who in America, pp. 1948–1949.[1]
  • John W. Audrich (1968): "In memorian: Harry Church Oberholser", The Auk, 85: 25–29.[2]
  • Harry Church Oberholser: Autobiography[3]
  • Bo Beolens & Michael Watkins (2004): Whose Bird?: Common Bird Names and the People They Commemorate, Yale University Press. ISBN 978-0-3001-0359-5, p. 256.
  1. Online Edition Handbook of Texas.
  2. Online Edition Auk PDF.
  3. Online Autobiography