Harrold E. Gillingham

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Harrold Edgar Gillingham»)
Harrold E. Gillingham
Datos persoais
Nacemento1864
Lugar Nova Jersey
Estados Unidos de América Estados Unidos
Falecemento25 de marzo de 1954
Nacionalidade Estadounidense
CónxuxeLouise Hance Long
Actividade
CampoColeccionismo, historia e numismática
Contribucións e premios
Premios1931: Medalla Huntington (ANS).
editar datos en Wikidata ]

Harrold Edgar Gillingham, nado en Nova Jersey en 1864 e finado o 25 de marzo de 1954, foi un coleccionista, historiador e numismático estadounidense

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Harrod E. Gillingham naceu en 1864 en Nova Jersey, fillo de Tacy Shoemaker Morris e do militar Frank C. Gillingham.[1]

Asistiu á escola en Filadelfia, na antiga Academia de Artes Lauderbach e na Academia Germantown, e aos 18 anos comezou a traballar como empregado dunha compañía de seguros, ata que fundou a súa propia empresa. Co tempo foi ampliando os seus campos de negocio e chegou a ser presidente da compañía ferroviaria Mine Hill and Schuylkil Haven Railroad Company, e vicepresidente da 13th and 15th Streets RailwayCompany.[1]

Paralelamente á súa actividade empresarial, tanto el como a súa muller, Louise Hance Long, sentían grande atracción polos asuntos históricos e polo coleccionismo, sinaladamente de ourivaría, medallas e condecoracións.[1] En 1930 vendeu a súa colección de 4.000 condecoracións de ordes de cabalaría e medallas de guerra.[2]

Gillingham escribiu numerosos artigos e un bo número de libros acerca de temas tan variados como a xenealoxía, os ourives de Filadelfia, a construción naval, a protección contra incendios, a fabricación de ladrillos e, sobre todo, as condecoracións civís e militares de diversos países, sempre cunha perspectiva histórica.[1]

Entre outras entidades académicas e de carácter asociativo, Gillingham foi membro da Welcome Society, da Colonial Society of Pennsylvania e da Pennsylvania Society of Sons of the Revolution. Tamén foi un dos membros máis antigos da Historical Society of Pennsylvania (HSP), na que permaneceu durante sesenta anos, algúns deles como vicepresidente, e desde 1953 como membro honorario. Na súa revista, The Pennsylvania Magazine of History and Biography, publicou a maioría dos seus artigos.[1] A HSP alberga hoxe parte das súas coleccións de artesanía, instrumentos diversos e numismática da primeira época dos EEUU.[3]

No ámbito numismático, Gillingham ocupou tamén diferentes cargos na Sociedade Numismática e Anticuaria de Filadelfia, e foi tesoureiro (1924-1939)[4] e vicepresidente segundo (1942-1945)[5] da American Numismatic Society, que en 1931 o honrou coa concesión do seu máximo recoñecemento, a medalla Huntington.[2][6]

Gillingham Faleceu repentinamente o 24 de marzo de 1954.[1]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Esta é unha escolma dos principais traballos publicados por Harrold E. Gillingham ao longo da súa traxectoria:[8]

Monografías[editar | editar a fonte]

Artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Nichols, R. F. (1954).
  2. 2,0 2,1 "Gillingham, Harrold E.". McGill. Archival Collections Catalogue.
  3. "Numismatic Archival Collections in Other U.S. Repositories Arquivado 06 de decembro de 2021 en Wayback Machine.". American Numismatic Society.
  4. "Treasurers of the American Numismatic Society". American Numismatic Society.
  5. "Vice-Presidents of the American Numismatic Society". American Numismatic Society.
  6. "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
  7. "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
  8. "Gillingham, Harrold E. (Harrold Edgar) 1864-1954". WorldCat Identities.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]