Harri-jasotze

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Harrijasoketa»)
Harri-jasotzaile en acción.

Harri-jasotze[1] (voz composta do éuscaro harri, pedra e jaso, levantar) é o nome que recibe a modalidade de levantamento de pedra propia do deporte rural vasco. Os que practican este deporte son chamados harri-jasotzaile.[1]

Historia e características[editar | editar a fonte]

É unha variante da halterofilia, que se practica nos territorios denominados tradicionalmente como Euskalerria e na que dous xogadores compiten por levantar un número superior de veces pedras de diferentes formas, dimensións e pesos determinados.

Un dos harri-jasotzaile campión máis soado foi Iñaki Perurena quen en 1999 alcanzou o récord de 1000 levantamentos continuos de pedra de 100 kg. en 5 horas e 4 minutos.

A principios do século XX realizouse a regulamentación dos pesos das pedras, normalmente fabricadas en granito denso, para levantar distinguíndose catro formas xeométricas: cilíndrica, cúbica, esférica e con forma de paralelepípedo rectángulo. A forma cilíndrica é reservada para os pesos máis pequenos de 100, 112,5 e 125 quilogramos, mentres que a pedra cúbica e rectangular oscila entre 125 quilos e 212,5 kg. A pedra esférica ou bóla trabállase en pesos equivalentes a 112,5 e 125 quilos.

A pedra de cor escura ou arri beltza é unha das máis apreciadas como material de fabricación, provindo principalmente das canteiras de Zumarraga e Lastur.

Récords[editar | editar a fonte]

Masculino[editar | editar a fonte]

Feminino[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]