Harriet Taylor Mill
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Harriet Hardy 8 de outubro de 1807 Londres, Reino Unido |
Morte | 3 de novembro de 1858 (51 anos) Aviñón, Francia |
Causa da morte | tuberculose |
Lugar de sepultura | Cimetière Saint-Véran (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Poesía |
Ocupación | filósofa, economista, escritora, poetisa, sufraxista |
Familia | |
Cónxuxe | John Stuart Mill |
Fillos | Helen Taylor |
Irmáns | Arthur Hardy |
Descrito pola fonte | Obálky knih, A Biographical Dictionary of Women Economists (en) , (p.307-311) >>>:Harriet Hardy Taylor Mill The Palgrave Encyclopedia of Victorian Women's Writing (en) |
Harriet Taylor Mill, de solteira Harriet Hardy, nada en Londres o 8 de outubro de 1807 e finada en Aviñón o 3 de novembro de 1858, foi unha filósofa inglesa defensora dos dereitos das mulleres.
O seu corpus de escritura existente é moi pequeno e é lembrada pola súa grande influencia en John Stuart Mill do que se considera posíbel coautora de parte da súa obra.
Obra
[editar | editar a fonte]Con excepción dalgúns artigos publicados no xornal inglés Monthly Repository, Taylor publicou poucas obras asinadas por ela ao longo da súa vida. Non obstante, leu e comentou todo o material producido por John Stuart Mill (que, na súa autobiografía, afirmou que Harriet era a coautora de moitos libros e artigos que foron publicados baixo o seu nome, engadindo que "cando dúas persoas teñen en común os seus pensamentos e especulacións, é de pouca importancia, en relación á cuestión da orixinalidade, quen deles ten a pluma").[1]
Tamén escribiron xuntos Early Essays on Marriage and Divorce en 1832[2]
Unha carta escrita por Mill a partir de 1854 suxire que Taylor foi refractaria a ser descrita como a coautora dos seus libros e artigos pola posíbel resposta a un texto filosófico que fose publicado só baixo o nome de Mill en comparación co feito de que fose publicado baixo o nome de ambos os dous autores.
Mill adoitaba referirse a ela como unha contribuínte moi valiosa para gran parte do seu traballo, especialmente no libro titulado On Liberty, un libro que estaría dedicado a Taylor cando foi publicado en 1859, un ano máis tarde da morte de Harriet.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Stanford Encyclopedia of Philosophy (ed.). "Harriet Taylor Mill" (en inglés). Consultado o xaneiro de 2015.
- ↑ Indiana University Northwest (ed.). "Early liberal thought and practice" (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. Consultado o xaneiro de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Rossi, Alice S. (1970). Sentiment and Intellect: The Story of John Stuart Mill and Harriet Taylor Mill, en Rossi, Alice S. (Ed), Essays on Sex Equality. The University of Chicago Press.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Harriet Taylor Mill |
- Stanford Encyclopedia of Philosophy entry (en inglés).
- Biography, Quotes, Writings (en inglés).
- Catalogue of Harriet Taylor Mill's correspondence and other papers na Archives Division Arquivado 18 de xuño de 2007 en Wayback Machine. da London School of Economics (en inglés).