Harriet Martineau
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 12 de xuño de 1802 Norwich |
| Morte | 27 de xuño de 1876 Ambleside |
| Lugar de sepultura | cemiterio de Key Hill |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Economía e ensaio |
| Ocupación | lingüista, filósofa, activista polos dereitos das mulleres, xeógrafa, sufraxista, escritora, abolicionista, ensaísta, novelista, xornalista, socióloga, economista, tradutora, historiadora, feminista |
| Compañeiro profesional | Henry George Atkinson |
| Familia | |
| Pais | Thomas Martineau |
| Irmáns | James Martineau Robert Martineau Ellen Martineau Elizabeth Martineau Henry Martineau Thomas Martineau Rachel Ann Martineau |
| Parentes | Maria Martineau, sobriña |
| Descrito pola fonte | Appletons' Cyclopædia of American Biography Nordisk familjebok Dictionary of National Biography |
Harriet Martineau, nada en Norwich, Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda, o 12 de xuño de 1802 e finada en Ambleside o 27 de xuño de 1876, foi unha das intelectuais máis excepcionais, escritora prolífica, activista social (feminista e abolicionista), economista, socióloga[1] e filósofa inglesa.[2]
Fixo contribucións significativas á economía política, á teoría sociolóxica,[3] ao xornalismo, ao debate sobre a condición de Inglaterra e á cuestión feminina a principios e finais da era vitoriana.
Contribucións á socioloxía
[editar | editar a fonte]Martineau está considerada como a primeira socióloga. Como estudante, escribiu varios ensaios dedicados aos costumes sociais en Inglaterra e nos Estados Unidos. O libro How to Observe Morals and Manners (Como observar a moral e os bos costumes, en galego) [4] de 1838 é un tratado sobre a metodoloxía da investigación sociolóxica, no que Martineau examina as clases sociais, o desenvolvemento social, a relixión, as relacións domésticas, as interaccións entre as institucións públicas e o individuo, e a cuestión feminina. Ao formular unha pregunta sobre como se poden analizar as sociedades, Martineau argumentou que os observadores doutras sociedades cometeron un erro metodolóxico fundamental: compararon outras sociedades coa súa.
Martineau tamén traduciu e condensou os seis volumes do Cours de Philosophie Positive (en galego, Curso de filosofía positiva) de Auguste Comte como The Positive Philosophy of Auguste Compte (1853), que sentou as bases para a nova disciplina da socioloxía. A tradución foi recibida favorablemente por Herbert Spencer, T.H. Huxley e outros positivistas británicos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ García-Sainz, Cristina (2021-04-14). "Sociólogas fundadoras, la memoria oculta de la sociología". Revista Española de Sociología (en castelán) 30 (2): a38–a38. ISSN 2445-0367. doi:10.22325/fes/res.2021.38.
- ↑ Modelo:Versalitas, Michael R. (2002). Harriet Martineau: Theoretical and Methodological Perspectives. Routledge. ISBN 0-415-94528-3.
- ↑ Navarro-Fosar, María-Rocío (2021-12-31). "Harriet Martineau y Household Education (1849): ensanchando el canon sociológico histórico". Atlánticas. Revista Internacional de Estudios Feministas (en castelán) 6 (1): 288–317. ISSN 2530-2736. doi:10.17979/arief.2021.6.1.8750.
- ↑ Harriet, Martineau; Capitolina, Díaz; Alejandra, Menéndez-Valdés Pérez (2022-11-30). Cómo observar la moral y las costumbres. Centro de Investigaciones Sociológicas. ISBN 978-84-7476-893-0.