Haquetía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Haquetía
Haketia, Haquitía, Jaquitía
Falado en: Flag of Argentina.svg Arxentina
Flag of Brazil.svg Brasil
Flag of Canada.svg Canadá
Flag of France.svg Francia
Flag of Israel.svg Israel
Marrocos Marrocos
Flag of Panama.svg Panamá
Estados Unidos de América Estados Unidos
Flag of Venezuela.svg Venezuela
Total de falantes:
Familia: Indoeuropea
 Románica
  Itálica
   Románica occidental
    Galo-ibérica
     Ibero-románica
      Ibero-occidental
       Castelán medieval
        Ladino
         Haquetía
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---

Haquetía (en hebreo: חכיתייה; en árabe: حاكيتيا) é un dialecto do ladino, tamén coñecido como ladino occidental, que se desenvolveu en Marrocos, onde era falado polos xudeus sefardís do norte do país, unha rexión máis tarde coñecida por Marrocos Español. O seu léxico é composto primordialmente pola variante do castelán falado durante os séculos XV e XVI, que foi levado polos xudeus expulsados da Península Ibérica polos reis católicos, alcumados megorashim, mailas contribucións do hebraico e tamén do árabe.[1][2][3]

A despeito da falta de prestixio entre os descendentes dos falantes orixinais, sendo considerada so risco de extinción, aínda é unha lingua é falada nalgunhas paraxes do mundo, como nalgunhas cidades do Canadá, da Arxentina, Francia ou no norte do Brasil en cidades como Belém do Pará, Manaus, Santarém, Cametá e outras cidades as marxes do Río Amazonas, onde se pensan descendentes de xudeus que migraron para alí partir do século XIX. Neste ambiente, a lingua sobrevive máis como lingua falada entre familiares e membros das comunidades xudaicas ou por intermedio do emprego dalgunhas expresións intercaladas coa lingua oficial.[4][5][6]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Non existe consenso no sentido de apuntar cal a orixe exacta do termo "haquetía", o que hai son dúas teorías principais.

A primeira di que a probábel orixe sería unha corruptela do termo "Haquito", ou "Jaquito", que á súa vez xa sería apócope de "Ishaquito", diminutivo de Ishac (Isaac), un nome moi usado polos xudeus de España. Dise entón que a haquetía debería ser o idioma dos "Haquitos" (Isaquitos), que era como se chamaban os membros das comunidades xudaicas de ascendencia española. Escaseam elementos para corroborar este raciocinio.[7]

A segunda teoría afirma que a hipótese máis probábel para se apuntar a etimoloxía do termo "Haquetía" residiría na característica do eclecticismo do dialecto: a orixe sería a mestura do radical verbal árabe "hak-a" (حكى), que significa conversar, dicir, contar, narrar, mailo sufixo español "ía", dando "hak-a(t)ía", despois "haquetía".[8]

Fonética[editar | editar a fonte]

O dialecto, malia as raíces castelás, non evolucionou coma o radical ibérico e pasou a abranguer maior matiz fonético, conservando sons perdidos no castelán e agregando outros, das raíces hebreas e ismaelitas.[9]

Ortografía[editar | editar a fonte]

O haquetía é basicamente unha forma oral de expresión.[9][10]

Gramática[editar | editar a fonte]

Verbos[editar | editar a fonte]

Así como acontece coa maioría das linguas novelas faladas na Península Ibérica, os verbos en haquetía son divididos en tres conxugacións, terminadas respectivamente en "ar", "er" e "ir".

A primeira conxugación é a que posúe mor cantidade de verbos, oriúndos das linguas romances, o ladino, principalmente, e todos os verbos de orixe hebrea a árabe. A terceira conxugación existe máis como herdanza, porque non é moi usada de xeito práctico, o que foi efecto dunha permuta: os verbos orixinariamente da terceira conxugación, herdados máis do castelán medieval, foron desprazados para a segunda.

No que pertence ó uso de verbos auxiliares e de tempos compostos, de tal forma coma acontece co galego, en haquetía o emprego destas ferramentas lingüísticas é moi apoucado.[10]

Artigos, xéneros e números[editar | editar a fonte]

Os artigos, "el", "lo" e "la" empréganse coma no castelán, sendo que "lo" apunta a mor das veces o xénero neutro. Mais en haquetía existen basicamente os xéneros masculino e feminino, e o neutro é, dun modo sinxelo, un trazo menor orixinado aínda no latín medieval, transmitido pola lingua nai.[11]

Os nomes varían, canto ao número, en singular e plural. Porén, en casos moi particulares poden ocorrer o número dual, que é unha característica incorporada do hebreo. O número plural constrúese grosso modo coa xunción de "s" e "es", mais para os nomes de radical hebreo o plural pode ser representado segundo o paradigma orixinal: "im", para palabras masculinas; "ot", para femininas. Tamén pode ocorrer do plural ser formado coa mestura do paradigma hebreo mailo castelán.[10]

Extractos[editar | editar a fonte]

* Haquetía Xudeoespañol Galego Árabe Hebreo
Hebreo Abel Luto Loito حزن אבל
Alharoset
Daróm Sul דרום
Emuná Fe אמונה
Gadol Agadol Grande גדול
Guer Estranjero Prosélito גר
Kohén Koen Sacerdote
Portugués Faxa Faixa
Fluxo Fluxo
Ĵaponés Japonés Xaponés اليابانية יפני
Ĵunta Junta Xunta קפץ
Quinze Quince Quince ט"ו
Árabe Dedear Porfiar
Ehbot Arrefriado
Non Non لا לא

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "¿Qué es la Haketia?" (en castelán). Consultado o 31 de decembro de 2014. 
  2. "La Cultura Sefaradí: los judíos en España antes y después de la expulsión" (en castelán). Consultado o 31 de decembro de 2014. 
  3. Rifka Cook. "El castellano del siglo XV vive aún" (en castelán). Consultado o 31 de decembro de 2014. 
  4. "O hakitia em Belém do Pará" (PDF) (en portugués). Consultado o 31 de decembro de 2014. 
  5. "Peça em Manaus comemora 200 anos de história dos judeus na Amazônia" (en portugués). Consultado o 31 de decembro de 2014. 
  6. Álvaro Cunha. "Pelos meandros da Hakitía" (PDF). Consultado o 1 de xaneiro de 2015. 
  7. "Glosario: Hakitía/Hakketiya/Haquetía" (en castelán). Consultado o 1 de xaneiro de 2015. 
  8. "La Haquetia y los Judios del Norte de Marruecos". Consultado o 1 de xaneiro de 2015. 
  9. 9,0 9,1 Voces de haketia (ed.). "Proposición para una grafía de ḥaketía" (en haquetía). Consultado o 1 de xaneiro de 2015. 
  10. 10,0 10,1 10,2 Bentes, Abraham Ramiro (1981). Mitograph, ed. Os sefardim e a ẖakitía (en portugués). Belém. 
  11. Wexler, Paul (1988). Otto Harrassowitz Verlag, ed. Three Heirs to a Judeo-Latin Legacy: Judeo-Ibero-Romance, Yiddish and Rotwelsch (en inglés). Göttingen. pp. 116–118. 

Vexase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]