Hans Speidel
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 28 de outubro de 1897 Metzingen, Alemaña |
| Morte | 28 de novembro de 1984 Bad Honnef, Alemaña |
| Lugar de sepultura | Pragfriedhof |
| Residencia | Freudenstadt (pt) |
| Educación | Universidade Humboldt de Berlín |
| Actividade | |
| Campo de traballo | History of war (en) |
| Lugar de traballo | París |
| Ocupación | profesor universitario (1949–), estudos (1923–), militar (1914–1944), membro da resistencia, soldado de carreira |
| Período de actividade | 1914 |
| Empregador | Universidade de Tubinga |
| Carreira militar | |
| Lealdade | Alemaña nazi, Reino de Württemberg, Alemaña do Oeste e República de Weimar |
| Rama militar | Exército Imperial Alemán |
| Rango militar | tenente xeneral (1944–) coronel (1941–) Comandante (1936–) capitán (1932–1935) Oberleutnant (pt) Tenente (1915–1925) Fahnenjunker (en) maior xeneral xeneral |
| Conflito | Primeira Guerra Mundial Segunda Guerra Mundial |
| Participou en | |
| 20 de agosto de 1947 | Hostages Trial (en) |
| Familia | |
| Fillos | Hans Helmut Speidel |
| Pai | Emil Speidel |
| Irmáns | Wilhelm Speidel |
| Cronoloxía | |
| 7 de setembro de 1944-29 de abril de 1945 | Arresto |
| 20 de xullo de 1944 | Atentado do 20 de xullo de 1944 |
| Premios | |
| Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Hans Speidel, nado o 28 de outubro de 1897 en Metzingen e finado o 28 de novembro de 1984 en Bad Honnef, foi un xeneral alemán.
Historia
[editar | editar a fonte]Cargos militares
[editar | editar a fonte]H. Speidel foi xefe de Estado Maior do mariscal de campo Erwin Rommel na Alemaña nazi e xogou un papel protagonista na creación da Bundeswehr na Alemaña Occidental, despois da segunda guerra mundial. En 1957, acadou o máximo posto de Comandante Supremo da Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN) en Europa central. Xubilouse en setembro de 1963 e morreu aos 87 anos.[1]
Conspiración no atentado contra Hitler
[editar | editar a fonte]O xeneral Hans Speidel foi detido pola Gestapo por suposta asociación co intento de asasinato de Adolf Hitler o 20 de xullo de 1944 na Operación Valquiria.
Speidel foi un firme partidario da estratexia de expansión territorial de Alemaña, pero estaba interesado en criticar o seu compoñente racial, cualificándoo publicamente de "vergoñento e insalubre". Esta posición súa acabaría por atraer a atención dos conspiradores, que o recrutaron en 1941, dándolle a misión de atraer a Erwin Rommel á causa.
Despois da súa detención, foi xulgado e interrogado pola Gestapo. Como non foi expulsado da Wehrmacht, escapou de ser xulgado nun xulgado popular, algo que derivaría na súa condena á pena de morte. Conseguiu escapar en abril de 1945 ante a aproximación das forzas aliadas. Entregouse ás forzas francesas en maio de 1945.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "GEN. HANS SPEIDEL, WHO PLOTTED TO KILL HITLER". 29 de novembro de 1984.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hans Speidel |