Hans Scharoun

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hans Scharoun
Nacemento20 de setembro de 1893
Lugar de nacementoBremen
Falecemento25 de novembro de 1972
Lugar de falecementoBerlín Oeste
SoterradoWaldfriedhof Zehlendorf
NacionalidadeAlemaña
Alma máterUniversidade Técnica de Berlín
Ocupaciónarquitecto, profesor universitario, deseñador e urbanista
Coñecido porBerliner Philharmonie, Ledigenheim in Wrocław, Biblioteca Estadual de Berlim, Kammermusiksaal, Großsiedlung Siemensstadt e Villa Schminke
Premioscidadán de honor de Berlín, Gran Cruz da Orde do Mérito da República Federal de Alemaña, Premio Erasmus, Berliner Kunstpreis, Honorary doctor of the Technical University of Berlin e Auguste Perret Prize
editar datos en Wikidata ]

Bernhard Hans Henry Scharoun , nado en Bremen o 20 de setembro de 1893 e finado en Berlín o 25 de novembro de 1972, foi un arquitecto alemán coñecido por deseñar a sala de concertos da Filharmónica de Berlín e a casa Schminke en Löbau. Foi un dos maiores expoñentes da arquitectura orgánica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filharmónica de Berlín.

Desde pequeno e tamén na súa etapa escolar en Bremerhaven, xa mostrara interese pola arquitectura. Realizou os seus primeiros deseños á idade de 16 anos, e xa aos 18 presentouse a un concurso para a modernización dunha igrexa.

En 1912 iniciou os estudos de arquitectura na Universidade Técnica de Berlín (naquel entón Königliche Technische Hochschule). Con todo, non chegou a terminar os seus estudos, xa que se alistou voluntario para servir durante a primeira guerra mundial. Traballou xunto co seu mentor Paul Kruchen nun programa de reconstrución da Prusia Oriental.

Ao rematar a guerra estableceuse como arquitecto na cidade de Breslau. Alí desenvolveu os seus primeiros proxectos e organizou varias exposicións, entre elas a primeira exposición do grupo expresionista Die Brücke.

Scharoun constitúe un caso absolutamente singular. Entre 1933 e 1945 envórcase, case obsesivamente, na realización dunha serie de casas unifamiliares, deseñando un total de vinte e seis proxectos. A vivenda unifamiliar constituía unha tipoloxía que apenas interesara a Hans Scharoun antes de 1933 nin lle interesou despois.

A dificultade de acceder a outros encargos ofreceuse como explicación máis habitual, mesmo polo propio Scharou, obviando de feito a existencia de numerosos encargos máis "escuros", como as numerosas residencias militares que construíu en Berlín e Bremerhaven no citado período. Fronte a estes últimos, a vivenda representa un campo de relativa liberdade, que posibilita o establecemento dunha liña de investigación persoal.

Foi nos seus principios expresionista e logo inclinouse cara ao lado racionalista.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

De 1955 a 1968 foi presidente da Academia das Artes de Berlín occidental e posteriormente foi presidente honorario. Hans Scharoun foi membro fundador da sociedade berlinesa "Paul Hindemith".

Galería[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bürkle, J. Christoph: „Hans Scharoun”, Studio Paperback, Birkhäuser, Basilea, 1993, ISBN 3-7643-5581-6
  • Genovese, Paolo Vincenzo, „Hans Scharoun, Scuola a Lünen”, Testo & Immagine, Turín, 2001.
  • Jones, Peter Blundell: „Hans Scharoun — a monograph”, 1978, ISBN 0-900406-57-7
  • Jones, Peter Blundell: „Hans Scharoun”, Londres 1993/1997, ISBN 0-7148-2877-7 (Hardback) ISBN 0-7148-3628-1 (Paperback)
  • Jones, Peter Blundell; „Hans Scharoun: Buildings in Berlin”, 2002, ISBN 0-9714091-2-9
  • Kirschenmann, Jörg C. und Syring, Eberhard: „Hans Scharoun”, Taschen Basic Architecture, Taschen, Colonia, 2004, ISBN 3-8228-2778-9 (en alemán)
  • Bürkle, J. Christoph: „Hans Scharoun und die Moderne — Ideen, Projekte, Theaterbau”, Frankfurt am Main 1986
  • Janofske, Eckehard: „Architektur-Räume, Idee und Gestalt bei Hans Scharoun”, Braunschweig 1984
  • Jones, Peter Blundell: „Hans Scharoun — Eine Monographie”, Stuttgart 1980
  • Kirschenmann, Jörg C. und Syring, Eberhard: „Hans Scharoun — Die Forderung des Unvollendeten”, Deutsche Verlags-Anstalt, Stuttgart 1993, ISBN 3-421-03048-0
  • Pfankuch, Peter (Hrsg.): „Hans Scharoun — Bauten, Entwürfe, Texte”, Schriftenreihe der Akademie der Künste Band 10, Berlín, 1974, Neuauflage 1993, ISBN 3-88331-971-6
  • Ruby, Andreas und Ilka: Hans Scharoun. Haus Möller. Colonia, 2004.
  • Syring, Eberhard und Kirschenmann, Jörg C.: „Hans Scharoun — Außenseiter der Moderne”, Taschen, Colonia, 2004, ISBN 3-8228-2449-6
  • Wendschuh, Achim (Hrsg.): „Hans Scharoun — Zeichnungen, Aquarelle, Texte”, Schriftenreihe der Akademie der Künste Band 22, Berlín, 1993, ISBN 3-88331-972-4
  • Wisniewski, Edgar: „Die Berliner Philharmonie und ihr Kammermusiksaal. Der Konzertsaal als Zentralraum”, Berlín, 1993