Hans-Rudolf Merz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Hans-Rudolf Merz
Hans-Rudolf Merz - 2008.jpg
Hans-Rudolf Merz
Nacemento10 de novembro de 1942
 Herisau
NacionalidadeSuíza
RelixiónIgrejas Reformadas
Alma máterUniversidade de São Galo
Ocupaciónpolítico e economista
editar datos en Wikidata ]

Hans-Rudolf Merz (*10 de novembro de 1942 en Herisau) é un político suízo, orixinario da comuna de Beinwil am See (AG). É membro do Partido Radical Democrático e un dos sete conselleiros federais.

Carreira[editar | editar a fonte]

Realizou os seus estudos medios (Gymnasium) en Trogen, tralo cal fixo unha carreira de economista na Universidade de San Galo. Ocupou varios cargos no lexislativo da cidade de Herisau ata 1967. De 1967 a 1969 foi asistente e en 1969 converteuse en secretario do partido radical de San Galo e director da sociedade industrial Appenzell Exterior, cargo que exerceu ata 1974, ano no que pasou a ser vice-director do centro de formación da UBS en Wolfsberg, cargo ocupado até 1977.

De 1977 a 2003 traballou de xeito independente, foi conselleiro de empresas, participou en varios consellos de administración, e o seu lugar de traballo atopábase no Medio Oriente, África do Sur, América Latina e Europa.

Consello dos Estados[editar | editar a fonte]

Foi elixido ao Consello dos Estados en 1997, trala asemblea de cidadáns (Landsgemeinde). Na votación foi sostido pola Unión Democrática do Centro (UDC), o Partido Demócrata Cristián e algunhas seccións radicais locais. No parlamento fixo parte da bancada dos radicais.

Foi elixido ao Consello Federal o 10 de decembro de 2003 tras unha elección polémica, pois remprazou a unha das dúas únicas mulleres no goberno. Dende o 1 de xaneiro de 2004, dirixiu o Departamento Federal de Finanzas (DFF).

Merz sostivo unha reforma fiscal, que perdeu o referendo do 16 de maio de 2004. Máis tarde presentou ao parlamento medidas destinadas a redirixir as finanzas federais e actualmente a simplificar o sistema fiscal suízo.

Tralas eleccións federais do 12 de decembro de 2007, Merz foi reelixido por un novo período lexislativo (de catro anos) co mellor resultado de todos os candidatos. Obtivo 213 de 233 votos válidos na Asemblea Federal. O 13 de decembro do mesmo ano, Merz foi elixido vicepresidente da Confederación para o ano 2008 por 193 votos de 211 válidos. O 10 de decembro de 2008 foi elixido presidente da Confederación por 185 votos de 209 válidos.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Kaspar Villiger
Coat of arms of Switzerland.svg
Conselleiro Federal

2004
Sucesor:
-