Hannibal (serie de televisión)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hannibal
Hannibal TV logo.png
Logo de Hannibal.
Formato
  • Terror psicolóxico[1]
  • Thriller psicolóxico[2]
  • Drama
  • Crime[3]
Creado por Bryan Fuller
Desenvolvido por
  • Carol Dunn Trussell
  • Michael Wray
Intérpretes
Tema de apertura Brian Reitzell
País de orixe Estados Unidos de América Estados Unidos
Lingua(s) Inglés
Temporadas 3
Episodios 39 (Lista de episodios)
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Localización(s)
Duración 42 minutos
Distribuidor Sony Pictures Television
Emisión orixinal
Canle de orixe NBC
Primeira emisión 4 de abril de 2013
Derradeira emisión 29 de agosto de 2015
Ligazóns externas
Páxina web

Hannibal é unha serie de terror psicolóxico e thriller desenvolvida por Bryan Fuller para a canle NBC. A serie está baseada nas personaxes e elementos que aparecen nas novelas de Thomas Harris Red Dragon e Hannibal, que se centran na relación entre o investigador especial do FBI Will Graham (Hugh Dancy) e Hannibal Lecter (Mads Mikkelsen), un psiquiatra forense destinado a ser o meirande inimigo de Graham.

A serie tivo 13 episodios na súa primeira tempada, e ó contrario que moitas das series estadounidenses, as seguintes tempadas tamén terían 13 episodios. O produtor executivo David Slade dirixiu o primeiro episodio. A serie comezou a emitirse a través da NBC o 4 de abril de 2013.[4] O 9 de maio de 2014, NBC renovou Hannibal para a súa terceira tempada,[5] que se emitiu o 4 de xuño de 2015.

O 22 de xuño de 2015, a NBC cancelou Hannibal despois de tres tempadas por mor da baixa audiencia.[6] O final da serie emitiuse no Canadá a través da canle City o 27 de agosto de 2015, e dous días despois emitiuse nos Estados Unidos a través da NBC.

A serie recibiu a aclamación da crítica, que salientaron as interpretación dos actores principais e o estilo visial da serie.[7][8] As primeiras dúas tempadas gañaron os Premios Saturn como mellor serie de televisión e como mellores actores a Mikkelsen e Dancy respectively. Laurence Fishburne gañou o Premio Saturn como mellor actor secundario pola tempada dúas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Day, Carla (27 de febreiro de 2014). BuddyTV, ed. "'Hannibal' Exclusive Interview: Bryan Fuller on His 'Beautiful Horrible' Horror Show". Consultado o 13 de agosto de 2016. 
  2. MacFarlane, Jessica Maria (11 de xaneiro de 2016). "Here’s What HANNIBAL Season 4 Would’ve Looked Like". Nerdist. Consultado o 13 de agosto de 2016. 
  3. Baxton, Greg (2 de abril de 2013). Los Angeles Times, ed. "NBC hopes crime thriller fans will eat 'Hannibal' up". Consultado o 13 de agosto de 2016. 
  4. Hibberd, James (14 de febreiro de 2013). Entertainment Weekly, ed. "'Hannibal' finally gets premiere date". Consultado o 15 de febreiro de 2013. 
  5. Andreeva, Nellie (9 de maio de 2014). "NBC Renews 'Hannibal' For Third Season". Deadline.com. Consultado o 9 de maio de 2014. 
  6. Ausiello, Michael (22 de xuño de 2015). "Hannibal Cancelled at NBC". TVLine. Consultado o 22 de xuño de 2015. 
  7. VanDerWerff, Todd; Saraiya, Sonia (6 de decembro de 2013). The A.V. Club, ed. "Hannibal's powerful visuals make it one of the best shows of 2013". Consultado o 14 de xaneiro de 2014. 
  8. Nussbaum, Emily (29 de xuño de 2015). The New Yorker, ed. "To Serve Man". Consultado o 8 de xullo de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]